spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Alcalde da Guarda e a Conselleira de Infraestruturas pactan a construción...

O Alcalde da Guarda e a Conselleira de Infraestruturas pactan a construción da senda ao redor do Monte Santa Trega

o-alcalde-da-guarda-e-a-conselleira-de-infraestruturas-pactan-a-construcion-da-senda-ao-redor-do-monte-santa-tregaRoberto Carrero, alcalde da Guarda, e Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela onde o rexedor guardés trasladou a necesidade de iniciar a construción da senda que circunvala ao Monte Santa Trega e que une A Guarda con Camposancos (PO-352).

Revista Cousas De Nº19

En palabras de Roberto Carrero: “esta infraestrutura resulta fundamental para o municipio pois permitirá, non só mellorar a seguridade na zona, pola que a diario transitan centos de persoas, peregrinos ou vehículos, senón que dará maior conexión ao casco urbano da Guarda e Camposancos. Ademais, ao longo do verán, a densidade de usuarios e vehículos aumenta de xeito exponencial ao ser o acceso principal cara ás praias e á desembocadura do Miño

A conselleira Ethel Vázquez, despois de analizar a situación en detalle, pactou co alcalde da Guarda incluír no proxecto, construción e execución da senda ao redor do Monte Santa Trega, PO-352 Camposancos-A Guarda de titularidade autonómica, na solicitude que o goberno da Xunta de Galicia realice dos próximos fondos FEDER.

- Publicidade -spot_img