spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaO Adro do Santuario da Franqueira acolleu a conmemoración do Centenario da...

O Adro do Santuario da Franqueira acolleu a conmemoración do Centenario da fundación do seminario de Estudos Galegos

O Adro do Santuario da Franqueira acolleu a conmemoración do Centenario da fundación do seminario de Estudos GalegosA Asociación de Funcionarios/as para Normalización Lingüística, da man do seu fundador Xosé González Martínez, en colaboración coa  Deputación de Pontevedra, o Concello da Cañiza, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o párroco da Franqueira, promoveron o pasado domingo 7 de maio, no adro da Igrexa da Nosa Señora Santa María da Franqueira, un acto público para conmemorar o CENTENARIO DA FUNDACIÓN DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.

Revista COUSAS DE Nº17

Un acto na memoria do poeta Don Ramón Cabanillas. Autor do “Romance da loita entre o Príncipe Mouro e o Devoto Cristiá”, publicado no ano 1927, a instancias do seu mecenas Don Enrique Peinador lines, e que se escenifica todos os 8 de setembro, nas celebracións litúrxicas das romaxes da Nosa Señora Santa María da Franqueira, unha das advocacións marianas máis antigas do Reino de Galicia, xunto coa advocación á Nosa Señora das Ermitas en Viana do Bolo e da Nosa Señora da Barca, en Muxía.

O monolito descuberto este domingo foi elaborado pola Escola de Canteiros de Pontevedra coa seguinte lenda: “Na memoria do poeta D. Ramón Cabanillas, autor do “Romance da loita entre o mouro e o cristián” a instancias do seu mecenas D. Enrique Peinador Lines, que se escenifica neste lugar na celebración da Festa da Franqueira. Centenario da Fundación do Seminario de Estudos Galegos.”

A rolda de intervencións abriuse con Xosé González Martínez, fundador da Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística, seguido de Clodio González Pérez, mestre (xubilado), etnógrafo e historiador, membro da Real Academia Galega; do Museo do Pobo Galego; do Consello da Cultura Galega.; do Instituto de Estudos Tudenses e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, quén conferenciou sobre as tradicións da Franqueira. A Continuación tomou a palabra o Párroco do Santuario da Franqueira, Xavier Alonso Docampo seguido do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García. O acto pechouse coa intervención do Alcalde da Cañiza, Luis Piña.

Segundo recolle Xosé González Martínez, nun artigo de opinión publicado este sábado 6 de maio,  no periódico La Región baixo o título «Vieiro da franqueira, tradición e galeguismo» , “…na década dos anos vinte o empresario galeguista, Enrique Peinador Lines, propietario do complexo hoteleiro e das augas de Mondariz-Balneario, filántropo e mecenas da cultura galega e dos seus ilustrados, adoitaba levar os “bañistas” en peregrinaxe ata o santuario da Franqueira para que presenciasen dous valores etnográficos propios: a danza branca dos arcos e a desputa dialéctica do mouro e cristián. O texto do diálogo que manteñen os dous personaxes foi escrito por Ramón Cabanillas para o Seminario de Estudos Galegos en 1927, do que este ano se cumpre o centenario da súa fundación, e publicado ese mesmo ano pola revista Nós. Por aquel entón Cabanillas traballaba para o Balneario de Mondariz como “relacións públicas” e director das revistas “La Temporada” e “Mondariz”…”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.