spot_img
InicioGaliciaO activismo segue ameazado mentres Greenpeace conmemora 40 anos do atentado contra...

O activismo segue ameazado mentres Greenpeace conmemora 40 anos do atentado contra o Rainbow Warrior

o-activismo-segue-ameazado-mentres-greenpeace-conmemora-40-anos-do-atentado-contra-o-rainbow-warriorCúmprense 40 anos desde que o buque insignia de Greenpeace, o Rainbow Warrior, foi bombardeado no porto de Auckland (Nova Zelandia) por axentes do goberno francés, causando trágicamente a morte do fotógrafo Fernando Pereira.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

*Con este motivo, a continuación compartimos a nota de prensa de @Greenpeace:

O atentado contra o Rainbow Warrior foi un intento deliberado de silenciar as protestas antinucleares no Pacífico e frear o activismo. Pero lonxe de logralo, desatou unha onda de indignación global e deu impulso á organización internacional. A frase “non podes afundir un arcoí ris” converteuse no símbolo de quen loitaba e tiñan esperanza nun mundo mellor.

O Director Executivo de Greenpeace Internacional, Mads Christensen, afirmou: “Este aniversario non é unha celebración, senón un momento para lembrar a Fernando Pereira e á tripulación do Rainbow Warrior, así como a misión que os trouxo ao porto de Auckland en primeiro lugar”.

“Fai corenta anos, o goberno francés tentou intimidar a activistas pacíficos con bombas. Non só tentaron afundir un barco: tentaron afundir un movemento, atacar o activismo e silenciar a voz da esperanza”. Christensen sinalou que, catro décadas despois do ataque, os temas que levaron ao Rainbow Warrior ao Pacífico seguen sendo críticos e aínda non están resoltos.

“Este ano, Greenpeace viaxou ás Illas Marshall para realizar probas científicas e documentar de primeira man a devastación continua e os impactos na saúde derivados das probas nucleares”, explicou. “Corenta anos despois de que estas probas envenenaran os seus fogares, as comunidades seguen esixindo xustiza”.

Valentina Carvajal, responsable de Campañas de Paz e Desarmamento de Greenpeace España sinala: “Nun mundo cada vez máis ameazado polas guerras, a crise climática e de biodiversidade, o activismo é hoxe máis necesario que nunca”.

En 2025 a sociedade civil en todo o mundo séguese enfrontando á violencia e represión. Ás bombas e as balas sumáronse demandas SLAPP (unha arma xurídica utilizada polas grandes empresas petroleiras ou contaminantes para silenciar a activistas, xornalistas que denuncian inxustizas). Á sabotaxe física uníronselle ataques deseñados para levar á quebra ás organizacións, pero o obxectivo final segue sendo o mesmo.

“Pero non puideron afundir un arco da vella, e nunca puideron silenciar a esperanza. Non poden derrotar a crenza de que non só as cousas poden cambiar senón que, xuntas, podemos cambialas para mellor”, conclúe Valentina Carvajal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.