“Descobre O Rosal con Terras Gauda” é a nova iniciativa Pet Friendly, que inclúe un roteiro a pé guiado de 8 quilómetros para coñecer a riqueza natural e histórica da súa contorna
Terras Gauda continúa incorporando propostas ao seu programa de enoturismo ante a crecente demanda de novas experiencias relacionadas coa cultura vitivinícola para gozar dunha conexión total coa contorna. A adega recibe cada vez a máis turistas nacionais e internacionais, por iso é polo que amplía os seus plans con actividades que lles proporcionen valor engadido.
Co avance da primavera, pon en marcha “Descobre O Rosal con Terras Gauda”, para os amantes do viño, o sendeirismo e a natureza. O obxectivo é mostrar a riqueza natural e histórica da súa contorna nun roteiro de sendeirismo circular cun trazado de 8 quilómetros, apto para todos os públicos, e unha duración aproximada de 3 horas.
Un guía acompañará ao grupo durante o traxecto, que empeza e termina na adega, onde se degustará o viño Terras Gauda ao finalizar. É un plan Pet Friendly, xa que os participantes poden ir acompañados polas súas mascotas.
Tres son as datas previstas, polo momento, para poder vivir esta experiencia: os sábados 20 de maio; e 3 e 17 de xuño; en todos os casos, ás 17.00 horas.
Completo programa de enoturismo
O fío condutor de todos os plans de enoturismo é que o visitante goce dunha conexión total coa contorna, descubra as 160 hectáreas de viñedo propio e as tres variedades autóctonas que cultiva a adega: Albariño, Caíño Blanco e Loureiro, cos que crea viños de marcada singularidade, moi vinculados á súa terra. Preservar o seu legado vitivinícola a través da sustentabilidade forma parte da filosofía empresarial de Terras Gauda.
O programa desenvolveuse tendo en conta que cada persoa é única e o obxectivo é que cada visitante viva unha experiencia personalizada. Familias con nenos, grupos de amigos ou parellas son os tres perfiles de público diferenciados. E de luns a domingo, en diferentes horarios, está programado “Déixache conquistar por Terras Gauda”.
Premio Traveler´s Choice
Terras Gauda conseguiu cativar aos visitantes, que valoraron moi positivamente as experiencias enriquecedoras e a atención recibida por parte do equipo humano. Isto permitiu á adega obter o recoñecemento da popular plataforma Tripadvisor co premio Traveler´s Choice 2022.
Toda a información sobre enoturismo e as reservas previas han de realizarse na web https://enoturismo.terrasgauda.com/terras-gauda/ ou a través do mail enoturismo@terrasgauda.com