spot_img
InicioBaixo MiñoNova cita cos curros de Oia, este domingo en Torroña

Nova cita cos curros de Oia, este domingo en Torroña

Nova cita cos curros de Oia, este domingo en TorroñaEste domingo día 4 de xuño celebrarase o tradicional curro de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e 200 poldros. Como vén sendo habitual, esta rapa terá lugar o primeiro domingo de xuño, sendo o segundo da tempada.

Revista COUSAS DE Nº17

Desde as 9.00 horas comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Torroña (parroquia de Burgueira), a onde chegarán sobre as 11.30 ou 12.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, desenvolveranse as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

A xornada, que como todos os anos será gratuíta para o público asistente, transcorrerá co tradicional ambiente festivo que a caracteriza.

Despois dos curros da Valga, celebrado o pasado 14 de maio, e o de Torroña, programado para este 4 de xuño, a seguinte cita será o 11 de xuño en Mougás.

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que non está permitido acampar. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non autorizadas.

Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.

- Publicidade -spot_img