·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán transformará a principal rúa da Ramallosa converténdoa nun espazo amable, inclusivo...

Nigrán transformará a principal rúa da Ramallosa converténdoa nun espazo amable, inclusivo e de convivencia

Nigrán transformará a principal rúa da Ramallosa converténdoa nun espazo amable, inclusivo e de convivenciaO Concello de Nigrán destinará un millón de euros a rexenerar o espazo urbano da Ramallosa mediante a transformación darúa Manuel Lemos nun espazo amable, inclusivo e de convivencia

O novo deseño, que inclúe a renovación dos colectores e eliminación do tendido aéreo, pon o énfase no peón ampliando beirarrúas, creando zonas de descanso e facendo da vexetación en altura a protagonista mediante unhas novidosas pérgolas.

O goberno local de Nigrán consignará no vindeiro pleno ordinario do 31 de maio 1.054.000 € do Remanente de Tesourería para a total transformación urbana do núcleo urbano da Ramallosa mediante un ambicioso proxecto de rexeneración da rúa Manuel Lemos e a contorna inmediata da rotonda (Avda.Portugal e Torrente Ballester). O proxecto, firmado polo arquitecto Ángel Santorio, devolverá o protagonismo ás persoas fronte ao tráfico rodado ampliando beirarrúas, creando zonas de descanso ou facendo da vexetación en altura a protagonista mediante unhas novidosas pérgolas para trepadoras.

“Actualmente é unha rúa deteriorada, impersoal e moi devaluada despois de sucesivas actuacións inconexas entre si, polo que consideramos un proxecto global que de verdade convirta a zona nun espazo inclusivo e agradable para as persoas”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña o Camiño pola Costa tamén gañará protagonismo. Paralelamente, o novo deseño dará solución definitiva aos problemas na rede de saneamento e abastecemento e creará unha separativa de pluviais, ademais, suporá a eliminación do tendido aéreo que afea a imaxe da zona e suporá a substitución da actual iluminación de vapor de sodio por tecnoloxía LED de baixo consumo.

“A rúa foi configurándose outorgándolle a total supremacía ao tráfico rodado fronte aos peóns, e agora queremos devolverlle o protagonismo ás persoas creando unha rúa accesible, non excluínte e con espazos de encontro. En definitiva, que sexa cumplidora do ‘Un Nigrán para todos’ que estamos a construír”, explica o rexedor. Con este obxectivo, as beirarrúas gañarán en amplitude grazas ao reducirse o ancho da calzada tras modificar a súa sección (todas cumplirán a normativa de accesibilidade) e a beirarrúa oeste, ao ser a  máis soleada, será a máis beneficiada  nesta ganancia para ubicar alí 8 bancos de pedra. O material empregado, en granito moreno do país, estará en sintonía co xa empegado nas súas veciñas rúa Romana ou Damas Apostólicas e, no tramo do Camiño, este diferenciarase mediante un abuxardado máis profundo. Igualmente, reducirase a velocidade dos vehículos a 30 km/hora e os pasos de peóns serán identificados con iluminación específica e contarán con ramplas na calzada, todo para gañar en seguridade vial. Finalmente, as prazas de aparcamento se diferenciarán mediante formigón pulido.

O novo mobiliario urbano, de deseño contemporáneo, terá nas 21 pérgolas para prantas trepadoras e con iluminación LED o máximo protagonismo, ubicándose tamén conxuntos de árbores e plantas no chan, de xeito que, en conxunto e na súa perspectiva, sirva de tamizado visual e amortigüe o clima.

A rexeneración do espazo incluirá á propia rotonda da Ramallosa mediante unha actualización do ornamento que substiúa á actual farola isabelina totalmente fora de contexto. Na súa veciña Torrente Ballester ampliarase a beirarrúa da zona contraria ao parque para, entre outras cousas, integrar a parada de autobús, actualmente insegura para os usuarios e peóns pola súa exposición á calzada. Igualmente, o proxecto inclúe iluminación ornamental para todos os bens patrimoiais da zona, como pode ser o cruceiro e a capela de San Campio.

“Vai moito máis alá dun proxecto de humanización, é un proxecto para rexenerar un espazo actualmente frío e áspero para convertilo nun lugar amable, de sumo respecto ao patrimonio natural (a Foz do Miñor) e cultural (Camiño de Santiago pola Costa), renaturalizadoo e integrado paisaxísticamente, todo o cal fomentará a cohesión social da veciñanza nesta singular e estratéxica localización”, explica o arquitecto Ángel Santorio, quen destaca que para a súa redacción tivéronse en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 “para que de verdade cumpra con todos eses parámetros e que Nigrán siga sendo un referente nese sentido”.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies