spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán retira en Patos preto dunha tonelada da especie invasora "margarida africana"

Nigrán retira en Patos preto dunha tonelada da especie invasora “margarida africana”

nigran-retira-en-patos-preto-dunha-tonelada-da-especie-invasora-margarida-africanaO Concello de Nigrán retirou este domingo preto dunha tonelada da especie invasora margarida africana en toda a praia de Patos.

Revista Cousas de nº21

Guiados por educadores ambientais, unha trintena de voluntarios (moitos deles participantes en Panxón no encontro da asociación de persoas con enfermidade renal Alcer) sacaron preto de 50 sacos de 20 kg de peso cada un. Ademais, os participantes recibiron unha breve explicación sobre a flora dunar, a súa fraxilidade e a súa importancia, asi como as especies máis representativas e as súas ameazas.

“Ao igual que realizamos habitualmente actividades de concienciación ambiental como identificación e retirada de lixo das praias, consideramos importante facelo  tamén con especies invasoras como a margarida africana, unha planta moi fermosa que a priori parece inofensiva pero que resulta moi prexudicial para o noso ecosistema”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece o labor do voluntariado.

En tempos recentes aumentou a presenza de margarida africana en toda Galicia, atopándose varios grupos moi extendidos na praia de Patos e afectando directamente a varias especies raras ou ameazadas das dunas galegas por competencia de espazo físico e alteración do medio, por iso o Concello decidíu intervir.

A retirada manual ou con ferramentas de cultivo como anciños é unha das mellores opcións para a erradicación desta especie. Para iso débense comezar os traballos de retirada no límite exterior da zona invadida, e ir avanzando progresivamente cara ao interior. No caso de plantas sen rizomas, a terra que rodea a raíz debe ser apartada para intentar retirala en toda a súa extensión. Nos casos en que a planta presente estolóns ou rizomas, deberase tirar suavemente do estoló ata detectar onde enraíza. Nese punto débese apartar a terra de arredor do nódulo, extraendo a raíz, se pode ser, intacta. Todos os fragmentos da planta deben ser retirados, xa que os talos teñen capacidade para reabrollar se se deixan nunha zona húmida. Hai que ter en conta que o centro da zona invadida presentará as plantasmáis antigas que van ter sistemas radicais máis profundos. Ademais, a densidade nestas zonas centrais é, normalmente, maior que na periferia.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Esta planta é orixinaria de Sudáfrica (zona do Cabo) e foi introducida para uso ornamental, en Portugal tense constancia da súa existencia a partir do ano 1800 e en Galicia desde 1900. A especie propágase facilmente en zonas alteradas costeiras e o uso intensivo dos areais costeiros favorece a súa expansión, ocupando o lugar ecolóxico de numerosas especies dunares autóctonas. Compórtase como invasora en diferentes lugares do mundo, como nos Estados Unidos, Australia, Nova Celandia, Xapón ou América do Sur. Na península Ibérica atópase no litoral cantábrico, atlántico e en menor medida no Mediterráneo.

- Publicidade -spot_img