spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán rende a súa particular homenaxe a Adrían Ben, finalista olímpico de...

Nigrán rende a súa particular homenaxe a Adrían Ben, finalista olímpico de 800

Nigrán rende a súa particular homenaxe a Adrían Ben, finalista olímpico de 800O atleta de Viveiro veranea desde hai 20 anos no Camping Praia América, lugar que mencionou nos medios xusto despois e gañar o seu Diploma Olímpico en Tokio

O Concello de Nigrán rendeu a súa particular homenaxe a Adrián Ben, primeiro atleta español finalista olímpico na proba de 800 metros en Tokio. O deportista de Viveiro veranea ininterrumpidamente coa súa familia desde hai 20 anos no Camping Praia América, lugar que mencionou nos medios de todo o mundo xusto despois de acadar a súa flamante quinta posición na carreira e a onde regresou directo desde Xapón. Por este motivo, o rexedor e o edil de Deportes aproveitaron a chegada de Ben ao camping para trasladarlle persoalmente as felicitacións do Concello e achegarlle o Libro de Honra para a súa firma, ademais de agasallado cunha peza conmemorativa de Nigrán. Ao acto informal acudiron as grandes promesas da Sociedade Atlética Val Miñor e o seu adestrador Óscar Fernández, estes leváronlle unha camiseta  actual da carreira popular Nigrán Area que Adrián tantas veces disputou nos seus veráns en Nigrán.

“Desde que cumplín 3 anos non faltei ningún verán a este camping, son moi feliz aquí, é a miña segunda casa, teño un grupo de amigos de toda Galicia que nos vemos cada ano e, se non estou adestrando, pasamos xuntos as mañás na piscina e as tardes en Praia América, que me encanta, é o mellor do municipio, o coñezo perfectamente”, explica o atleta, quen actualmente prepara en Nigrán a súa participación o vindeiro xoves en Lausana (Suíza) na liga Diamond, polo que non considera esta estancia concreta como “vacacional”. “Corro pola senda completa do río Muíños que é estupenda, fago un circuito en L que inclúe o parque empresarial Porto do Molle,  e desprázome a Pontevedra para adestrar en pista cuberta”, comenta Ben, quen confesa que só os runners cos que se cruza o recoñecen como o flamante olímpico que é.

“Aquí o coñecemos desde sempre como ‘Runi’ precisamente pola súa afección desde pequeno a correr, o deporte era algo innato nel e todos os rapacez do camping o querían nos equipos que montaban, chamaba a atención. Son unha familia estupenda e estamos moi orgullosos da súa fidelidade”, explica Javier Miguez, director desta instalación.

“Nas miñas vitorias intento acordarme de todo o mundo e Nigrán é unha parte moi importante da miña vida, son moi feliz aquí”, engade o atleta e estudante de fisioterapia na Universidad Camilo José Cela de Madrid. “Tiven que deixar a complutense porque non me daban facilidades, non consideraban os adestramentos como motivo para trocar as prácticas obrigatorias, por exemplo, así que este curso me cambiei e estou feliz”, finaliza Adrián, quen agarda superar as súas marcas e facer todavía máis Historia no atletismo español.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.