·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaA campaña do proxecto DepoMar recalou en Baiona

A campaña do proxecto DepoMar recalou en Baiona

A campaña do proxecto DepoMar recalou en BaionaA campaña informativa do proxecto DepoMar da Deputación de Pontevedra recalou no concello de Baiona

Esta iniciativa, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha con financiamento europeo xunto á Fundación Biodiversidad, ten como obxectivo fundamental fomentar a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos da Rede Natura 2000 da provincia a través da participación activa e directa das mulleres mariscadoras.

A deputada provincial Iria Lamas participou xunto ao alcalde, Carlos Gómez, nesta xornada da campaña, cuxo punto de encontro foi o Paseo de Ribeira, no que se instalou a carpa informativa e distribuíuse material divulgativo do proxecto e dous códigos QR: un co audiovisual do proxecto, protagonizado por mulleres do sector do mar e que ten como obxectivo difundir a importancia do traballo da muller mariscadora na conservación dos recursos mariños, que tamén está a difundirse nas redes sociais da Deputación, e outro co código de boas prácticas elaborado no marco desta iniciativa.

Tralo seu paso polos concellos de Vigo, A Guarda, Cangas e Baiona, a campaña continuará ata o 27 de agosto nos concellos de Redondela, O Grove, Cambados e Poio.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies