spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán reforzará o seu compromiso co Sáhara traendo o Festival de Cine...

Nigrán reforzará o seu compromiso co Sáhara traendo o Festival de Cine Fisahara e irmandando a súa maratón coa carreira popular ‘Nigran Area’

nigran-reforzara-o-seu-compromiso-co-sahara-traendo-o-festival-de-cine-fisahara-e-irmandando-a-sua-maraton-coa-carreira-popular-nigran-area
Sara Penedo e Roberto Garrido

O Concello de Nigrán trasladará ao seu eido deportivo e cultural o seu coñecido compromiso co pobo saharaui. Con este propósito, a edil de Deportes, Sara Penedo, e o edil de Cultura, Roberto Garrido, visitaron os campamentos de refuxiados en Alxeria, en Tindouf,  achegaron propostas concretas na convivencia anual da mocidade saharaui e participaron na maratón do Sáhara (28 de febreiro) na que acadaron sendos podios (Sára primeira na proba de 10 km e Roberto segundo na maratón). 

Revista Cousas De Nº20

Durante unha semana (do 24 de febreiro ao 1 de marzo) mantiveron encontros con máximos mandatarios da República Árabe Saharaui, como o ministro de Cultura e os alcaldes e alcaldesas das diferentes wilayas. para coñecer in-situ a realidade desta poboación desprazada aquí desde 1975 e concretar iniciativas.

A visita dos concelleiros a Tindouf tradúxose en acordos concretos: colaborar coa Escola de Cine do Sáhara e o Festival de Cine Fisahara co obxectivo de crear unha edición especial en Nigrán tomando como referencia a de Zaragoza no 2022, na que durante dous días se proxectaron algúns dos filmes gañadores, se deron charlas e, sobre todo, se deu a coñecer entre a poboación a responsabilidade de España no proceso descolonizador deste territorio ocupado por Marrocos desde 1975. Paralelamente, o Concello de Nigrán comprometeuse a irmandar desde este mesmo ano a carreira popular ‘Nigran Area’ que cada agosto se celebra en Praia América coa Maratón do Sáhara e a seguir promovendo a participación de mulleres saharauis na súa carreira. En ambos eventos recadaranse fondos para mellorar as condicións de vida nos campamentos e, sobre todo, se sensibilizará á veciñanza sobre este conflito todavía sen resolver por parte da comunidade internacional. Igualmente, tanto Penedo como Garrido se comprometeron a organizar charlas nos centros educativos de Nigrán e a traer unha mostra de fotografías co obxectivo de que as novas xeracións de nigraneses teñan presente o problema do Sáhara e a responsabilidade histórica de España (potencia colonizadora).

nigran-reforzara-o-seu-compromiso-co-sahara-traendo-o-festival-de-cine-fisahara-e-irmandando-a-sua-maraton-coa-carreira-popular-nigran-area

“O compromiso do Concello de Nigrán co pobo saharaui é máximo e por iso non paramos de buscar novas vías de cooperación. Estamos moi orgullosos de que Nigrán estivera presente na convención anual da mocidade saharaui e nos festexos polo 51 aniversario da República Árabe Saharaui coincidindo co 27 de febreiro”, explica o alcalde, Juan González, quen impulsou e financiou desde o Concello o proxecto ‘Nadafa’ de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis, concretamente na wilaya de Bojador, con 16.500 habitantes, iniciativa que os concelleiros supervisaron in-situ tamén nesta visita con vistas a manter a colaboración nos vindeiros anos. “Somos representantes políticos elixidos democráticamente pola veciñanza de Nigrán e cremos que a nosa participación aquí nos fai mellores concelleiros, a materialización das nosas propostas será positiva tanto para a poboación saharaui como para a nosa veciñanza”, sinalan ambos edís, todavía emocionados pola experiencia nos campamentos.  No caso de Sara Penedo, (licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e quen xa visitara os campamentos en decembro do ano pasado) continúa ademais co seu propósito de organizar adestramentos persoalizados online de cara a que as mulleres saharauis se animen a participar nalgunha das probas da maratón do Sáhara na vindeira edición co obxectivo de eliminar esa fenda de xénero. “O deporte é saúde física e mental, por iso é importante chegar ás mulleres e rachar con prexuízos”, incide Penedo

“O compromiso do goberno de Nigrán co pobo saharaui é máximo. Históricamente a comarca participa no programa ‘Vacacións en Paz’ que, grazas ás familias acolledoras e á financiación dos concellos, trae a menores saharauis no verán”, explica González, quen o ano pasado cedeu durante o verán a vivenda municipal de Balinfra (Camos) aos monitores saharuis que acompañan aos cativos. “O movemento solidario e a vontade expresada pola sociedade civil nesta causa é absoluto, o conflito do Sáhara compete directamente a España porque foi unha provincia máis deste país, e por iso queremos manter unha colaboración con eles, cremos que desde o local tamén debemos formar parte da cooperación internacional”, insiste o rexedor, quen aprobou no 2022 no Concello de Nigrán unha moción en defensa do dereito de autodeterminación do pobo saharaui e de rexeitamento da viraxe neste asunto de política exterior por parte do goberno de España, sendo o primeiro municipio de Galicia en facelo.

- Publicidade -spot_img