spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán recibe oficialmente en Madrid o selo de 'Ciudad Amiga de la...

Nigrán recibe oficialmente en Madrid o selo de ‘Ciudad Amiga de la Infancia’

nigran-recibe-oficialmente-en-madrid-o-selo-de-ciudad-amiga-de-la-infanciaO alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu de mans do secretario de Estado de Infancia o diploma que acredita ao municipio con este distintivo de Unicef, comprometéndose a mantelo como sinal de identidade de ‘Un Nigrán para todos’

Revista Cousas de Nº23

O Concello de Nigrán xa dispón do selo ‘Ciudad Amiga de la Infancia’ que outorga UNICEF e que recoñece o seu traballo ao respecto a nivel estatal. A entrega realizouse hoxe durante nun acto oficial no Ministerio de Infancia no que participaron a ministra de Juventud e Infancia, Sira Abed Rego; o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Luis Martínez-Sicluna Sepúlveda; a directora do Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) da Universidade Autónoma de Madrid, María Ángeles Espinosa, o presidente de UNICEF España, Gustavo Suárez-Pertierra, e o secretario de Estado de Infancia, Rubén Pérez Correa, quen entregou o diploma a Nigrán. Deste xeito, o municipio forma parte das 20 novas localidades que se suman a este recoñecemento que ten unha vixencia de 4 anos e que se concede de xeito bianual, sendo xunto a Viveiro e Burela os únicos tres novos municipios galegos concedidos nesta convocatoria (xa figuraban Moaña, Moeche, Redondela, Teo e Tomiño). En total, 321 entidades locais forman xa parte deste selo que outorga UNICEF España e que implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas.

“É un día histórico para Nigrán porque se está a recoñecer o noso traballo a favor dos dereitos da infancia e da mocidade, deste camiño non nos van a mover nunca. Estamos moi orgullosos de mimar e protexer a nosa infancia e de que se recoñeza, este logro é parte da nosa sinal de identidade ‘Un Nigrán para todos’, o proxecto político que arrancamos no 2015 para construír un municipio amable, amigable e no que todas as voces sexan escoitadas e tidas en conta, neste caso as das nosas crianzas e adolescentes”, valorou o alcalde, Juan González. De feito, tal e como se expuxo hoxe no acto de recoñecemento, desde que se creou hai 20 anos esta iniciativa constatouse un impacto directo sobre os nenos, nenas e adolescentes destes municipios que forman parte, tal e como reflectiron os resultados preliminares dunha avaliación realizada pola consultora Knowledge Sharing Network.

“Atrás hai catro anos de intenso traballo para superar un duro proceso de avaliación”, sinala González. Así, a Concellería de Educación, Estela Pérez, implementou o ‘Plan Local de Infancia e Adolescencia’ e, xa no anterior mandato, con Marina Vidal ao fronte, creouse o Consello de Participación Infantil e Xuvenil (bautizado como ‘Xeración xa!’), un órgano onde os nenos e nenas expresan as súas propostas e opinións aos responsables municipais, unha mesa de traballo para a coordinación interna da política local de infancia, accións a favor da infancia, informes de súa situación, plans de infancia a 3-4 anos vista… Unha serie de accións que o Concello de Nigrán ten realizado e que agora UNICEF recoñece destacando do noso municipio iniciativas non tan comúns como o grupo de traballo ‘Un Nigrán para tod@s’ que o goberno local creou no 2015 para mellorar a vida das persoas con diferentes tipos de diversidade.

Na entrega dos recoñecementos participaron dous membros do grupo asesor de UNIEF España: Pau, 12 anos, do consello de participación de Inca (Baleares), quen destacou que a través da participación infantil “estás a dar voz a moitos nenos e nenas que mostran as súas ideas” para mellorar as súas cidades, e Uxía, 16 anos, do consello de participación de Ponteareas (Galicia), quen resaltou que “a participación é a proba vivente de que non somos unha xeración de cristal”, lembrando “que fomos os primeiros en manifestarnos polas PAU e fomos voluntarios durante a DANA sen importar a nosa idade”, e asegurou ás autoridades presentes que “ter en conta á infancia e a adolescencia é un total acerto”.

Sira Abed Rego, ministra de Mocidade e Infancia, pechou a mesa inaugural do acto sinalando que hoxe se pon “no centro o compromiso cos dereitos dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Este compromiso é a construción dun presente no que o espazo público transfórmase ao incluír a perspectiva da infancia. Cando os nenos, nenas e adolescentes participan, toda a sociedade avanza cara a un modelo máis xusto. Esta participación non é só simbólica, é tamén unha participación transformadora”. Así mesmo, dirixiuse aos propios nenos, nenas e adolescentes, aos que asegurou que “a vosa voz conta”.

Sobre as entidades recoñecidas por primeira vez en 2024

As novas entidades ás que se fixo entrega do seu diploma no día de hoxe son: Alcalá la Real (Andalucía), Beas (Andalucía), Burela (Galicia), Burjassot (Comunidade Valenciana), Candelaria (Canarias), O Puig de Santa María (Comunidade Valenciana), Granadilla de Abona (Canarias), Higueruela (Castela-A Mancha), Huércal de Almería (Andalucía), Illescas (Castela-A Mancha), Linares (Andalucía), Manises (Comunidade Valenciana), Montemayor (Andalucía), Nigrán (Galicia), Paterna (Comunidade Valenciana), San Fernando de Henares (Comunidad de Madrid), Santa *Úrsula (Canarias), Terrassa (Cataluña), Viveiro (Galicia), Zumárraga (País Vasco).

Doce deles continúan mantendo o recoñecemento porque foron renovando o seu compromiso cada catro anos.

Sobre Cidades Amigas da Infancia

A iniciativa Cidades Amigas da Infancia ten como obxectivo promover, xunto coas Entidades Locais, que o benestar da infancia e a participación infantil e adolescente estean no corazón das políticas locais, coa finalidade de que os nenos, nenas e adolescentes poidan exercer os seus dereitos e alcanzar o seu pleno desenvolvemento. Esta é unha iniciativa liderada por UNICEF España desde o ano 2002 en alianza co Ministerio de Mocidade e Infancia, a Federación Española de Municipios e Provincias, e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.