Os 12 usuarios non acudían a este servizo municipal presencialmente desde Marzo, polo que o Concello aumentou as sesións semanais de 2 a 3 e non pechará por vacacións durante o mes de agosto
O Concello de Nigrán reabríu esta semana o seu centro de Panxón para ofrecer presencialmente o seu servizo municipal de atención a persoas con alzhéimer ou outras demencias adaptándoo a todas as circunstancias sanitarias e reforzandoo para tratar de recuperar as patoloxías asociadas ao confinamento. Desde marzo a atención era telefónica ou diretamente nos domicilios. Así, o centro, ubicado no recinto do CEE de Panxón, aumenta de dúas a tres as súas sesións semanais (martes, mércores e venres) e non pechará en agosto por vacacións, como ven sendo habitual.
Así, as instalacións tiveron que ser acondicionadas para poder retomar a actividade grupal, xa que ademais se trata de persoas de alto risco ao superar todos os 70 anos. Deste xeito, separáronse as mesas mediante metacrilatos gardando as distancias de seguridade e na entrada ubicouse un dispensador de xel hidroalcólico, paralelamente, os terapeutas lles toman e anotan a temperatura a súa chegada, ademais de empregar máscaras ata estar ubicados nos seus postos (os traballadores a levan en todo momento).
O Concello de Nigrán iniciou este programa xestionado por Afaga no ano 2016, sendo un referente público na atención das persoas con demencias, xa que se trata dun servizo 100% municipal. O Centro foi dotado polo Concello con novas tecnoloxías e equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico, como unha sala snoezelen ou sala de estimulación e software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica na que o Concello investiu 17.155 €.



