spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán presenta ante o Bispado un proxecto para por en valor toda...

Nigrán presenta ante o Bispado un proxecto para por en valor toda a contorna do Arco Visigótico de Panxón

O investimento, de 321.000 euros, contempla construír unha rampla accesible que rodee o antigo templo, escavar a súa contorna para deixar a planta á vista ou darlle iluminación arquitectónica

O Concello de Nigrán presentou esta semana ante o Vicario Xeral da Dióceses Tui-Vigo os proxectos para por en valor toda a contorna do arco visigótico de Panxón e da Praza das Angustias de Nigrán, ambos elementos declarados Ben de Interese Cultural e propiedade da diócese. Estas cuestións xa foran trasladadas por escrito en agosto de 2018 e tratadas persoalmente en decembro nunha reunión na que o Concello acordara presentar os proxectos mencionados e que agora serán estudados dentro da propia sede episcopal que, a priori, se amosou moi favorable. Ao non tratarse de espazos de titularidade municipal, o Concello solicita ao Bispado a cesión dos mesmos co obxectivo de executar estas obras de gran interese patrimonial, etnográfico, cultural e mesmo turístico.

Nigrán presenta ante o Bispado un proxecto para por en valor toda a contorna do Arco Visigótico de PanxónActualmente as ruínas do templo de San Xoan, co seu valiosísimo ábside e arco visigótico do S. IX, permanecen protexidas mediante un enreixado que resta ao monumento todo o seu valor. O proxecto encargado polo Concello á enxeñería Nortap prevé un investimento de 321.000 euros para recuperar todo ese enclave como verdadeiro referente patrimonial do municipio e como auténtico museo ao aire libre (ao que se unirá o Castro de Chandebrito, xa en fase de escavación por parte do Concello).

Deste xeito, retómase a idea orixinal do arquitecto Antonio Palacios (autor do Templo Votivo ao seu carón) e quen  propuxera deixar ao descuberto a cimentación da planta primitiva que, se entende, é en forma de cruz grega análoga coa de Santa Comba de Bande, igrexa coñecida e admirada por arqueólogos de todo o mundo. Así, procederase a escavación da contorna para deixar a cimentación á vista e que o templo completo poida ser rodeado polo visitante a través da instalación de ramplas metálicas desmontables con tarima de madeira. Co obxectivo de que a accesibilidade sexa absoluta instalaranse na mesma varandas, ao igual que nas escaleiras que baixan ao lugar dende o Templo Votivo e que carecen delas (aquí tamén se contempla restaurar a balaustrada histórica e as propias escaleiras, moi deterioradas). O proxecto inclúe o soterramento da liña eléctrica próxima e unha nova iluminación da parcela que resalte o seu valor arquitectónico. Ademais, axardinarase a zona verde e se instalarán bancos e paneis informativos. Finalmente, dotaráselle dun novo peche perimetral sen o impacto visual e estético do actual.

O Concello tamén trasladou ao Bispado o proxecto para empedrar toda a superficie das Angustias, polo que solicitará a cesión de ambos espazo

Igualmente, o Concello presentou ao vicario xeral o proxecto para empedrar a parcela onde se atopa a igrexa das Angustias de Nigrán e onde se celebran as festas na súa honra.

Nigrán presenta ante o Bispado un proxecto para por en valor toda a contorna do Arco Visigótico de PanxónActualmente este espazo  aberto ao tránsito peonil e de vehículos ten unha pavimentación moi pouco acorde co Ben de Interés Cultural que representa o templo, polo que o Concello plantexa empedralo. O proxecto contempla combinar lousas de pedra de diferentes formatos e de adoquín, de xeito que cubran toda a superficie e potencien o seu valor. Ademais, instalaríase unha nova iluminación arquitectónica da parcela, mobiliario urbano e xardinería, incluíndo unha nova sinalización. O investimento ascendería aos 430.000 euros xa que, aproveitando a ocasión, dotaríase  ao camiño das Angustias de saneamento, sendo tamén adoquinado.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.