spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pon en valor o Cruceiro do Carballal (San Pedro) adoquinando a...

Nigrán pon en valor o Cruceiro do Carballal (San Pedro) adoquinando a súa contorna

nigran-pon-en-valor-o-cruceiro-do-carballal-san-pedro-adoquinando-a-sua-contornaO Concello de Nigrán emprendeu a primeiros do mes, obras na contorna do cruceiro do Carballal (San Pedro) co obxectivo de por en valor este elemento patrimonial.

Revista Cousas De Nº22

A actuación forma parte do plan municipal de asfaltados deste ano con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra e que abrangue a 33 rúas de todo o municipio cun investimento de 515.353 €. Así, ademais de intervir no cruceiro, o Concello renovará todo o firme deste camiño, en moi mal estado. En concreto, a empresa adxudicataria Oresa-Anfisa (UTE) está a colocar pavimento de granito nesta zona de confluencia de rúas protexendo o cruceiro e retranqueado do mesmo cun borde perimetral a 50 cm e elevado 5 cm sobre a rasante.

“Con cada pavimentado novo aproveitamos para por en valor os cruceiros eliminando o asfalto que os rodea e substituíndoo por pedra, a imaxen cambia radicamente”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a actuacións como a desenvolvida en Mallón (tamén en San Pedro), situado a menos de 500 metros.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Estas 33 estradas seleccionadas (a maioría xa están rematadas) teñen en común o mal estado do firme coa conseguinte demanda de renovación por parte da veciñanza. Así, segundo recolle o proxecto redactado polo enxeñeiro Roberto Aya, todas se atopan en moi mal estado de conservación e a solución adoptada é un reforzo do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico. Ademais, renovarase a sinalización horizonal e se intalarán reductores de velocidad nos tramos máis sensibles.

Os camiños que comprenden este plan de asfaltados son 8 de Priegue (rúa da Cova, Outeiro, Eidos, Don Marcial, Recosto-Penedo, Camiño do Monte e Mámoa); 5 de Panxón (Costa da Barxa, Patos-Camiño da Fonte, Cacholeiro, Escontriño e Zoila); 6 de Nigrán (Teixugueira, Pedregal, Piñeiro-Nogueira, Pombal, Torriña e Cabalo); 9 de San Pedro (Praia América, Carballal, Igrexa, rúa da Foz, Sarmiento, Ana Isabel Costas, Valle Inclán, Torrente Ballester e Pontillón) e, finalmente, 4 de Parada (Agullas, Casanova, Igrexa e Cabaleiros).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.