spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán pecha este sábado o seu terceiro ciclo "Primavera de Jazz" co...

Nigrán pecha este sábado o seu terceiro ciclo “Primavera de Jazz” co contraibaxista Simón García

nigran-pecha-este-sabado-o-seu-terceiro-ciclo-primavera-de-jazz-co-contraibaxista-simon-garciaTrátase dun dos compositores máis interpretados e internacionais do panorama contrabaixístico actual

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O Concello de Nigrán pecha este sábado 24 de maio o seu  terceiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co contrabaixista mugardés Simón García en quinteto ás 20:30 horas no Auditorio Municipal.  Anteriormente, os amantes deste xénero puideron disfrutar de Jazz Frequency Group (liderado polo vilanovés Charlín)  e o mítico trío santiagués Sumrrá,  todos con entrada de balde ata completar aforo e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do ‘Plan + Provincia’.

SIMÓN GARCÍA QUINTETO

Simón García, contrabajo; Miguel Cabana, batería; Pablo Añón, saxo; Ricardo Formoso, trompeta; Iago Mouriño, piano

O contrabaixista e compositor Simón García (Mugardos, 1977) é un dos compositores máis interpretados e internacionais do panorama contrabaixístico actual. Gañou varios premios internacionais, ademais de recibir varias mencións de honra e nomeamentos en importantes concursos de composición ao longo do mundo. É un músico versátil e ecléctico por esta razón é requirido para traballar con artistas de diversos estilos, destacando o seu labor como jazzista en proxectos propios e alleos. Neste eido, desde o 2011 é o contrabaixista do Nani García Trío; desde o 2013 é membro do Fillojazz, cuarteto residente do Filloa Jazz Club da Coruña, o máis antigo en activo do país; e tamén é o contrabajista do Quinteto Cimarrón, quinteto de corda que fai música cubana e latín jazz.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.