O Concello de Nigrán, xunto ao Club Baloncesto Nigrán, Sociedade Atlética Val Miñor, Peña Ciclista Val Miñor, Serviocio e Dandocancha organizan por primeira vez a tradicional cita deportiva de fin de ano ‘San Silvestre’, que tuvo lugar durante toda a mañá de onte 27 de decembro.
Esta inclúe, proba de BTT (25km), andaina de 15 km, 600 metros de natación, carreira infantil e de adultos (8 km) e baloncesto durante todo o día no pavillón. A inscrición supón 3 euros máis 1 kg de alimentos non perecedeiros ou un xogute ou roupa (as inscricións infantís son de balde). supuxo unha recadación de preto dunha tonelada de alimentos que Asuntos Sociais do Concello de Nigrán distribuirá entre as familias máis necesitadas do municipio.
Ao tratarse dunha carreira solidaria non se rexistraron clasificacións. O Concello repartiu gratuitamente perritos quentes entre os corredores e ciclistas e chocolate quente entre nadadores e os participantes nas carreiras infantís.
A saída e chegada das probas foi d esde o pavillón de deportes de Panxón (en natación dende a praia á altura desta instalación) e tuvo Praia América como gran protagonista porque todas discorren por ela.
Así, a xornada arrancou con BTT ás 9.00 horas que, cun percorrido de 25 km, pasou por Camos, Chandebrito ou o río Muíños. A continuación, ás 9.30 horas, partió unha andaina de 15 km por toda a costa de Nigrán. Xa ás 11.00 horas comezou a proba estrela da ‘San Silvestre’, a carreira de adultos, que en 8 km percorreu Praia América, ata Ramallosa e retornaba (os infantís, 600 metros menores de 6 anos e 1,2 km entre 7 e 12 anos, saen ás 12.000 e 12.15 horas respectivamente). Finalmente tuvo lugar a proba de natación en mar aberto, que constaba de 600 m nun percorrido rectangular fronte o pavillón. Ademáis, durante toda a mañá se disputaron partidos de baloncesto.
Gran éxito de asistencia.
En total, participaron preto de 500 persoas (200 na carreira de adultos, 10 en infantil de 4 a 7 anos; 56 en infantil de 8 a 12 anos; 20 nadadores na travesía en augas abertas en Panxón e finalmente 88 na andaina)




