·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorNigránNigrán ofrecerá terapia canina para o Centro Juan María durante todo o...

Nigrán ofrecerá terapia canina para o Centro Juan María durante todo o vindeiro curso

Nigrán ofrecerá terapia canina para o Centro Juan María durante todo o vindeiro cursoO programa desenvolverase semanalmente a través de 4 especialistas e os seus respectivos cans como complemento ás diferentes accións educativas que se estean a levar a cabo no centro

O Concello de Nigrán financiará con 8.500 € a terapia canina do Centro de Educación Especial Juan María (Parada) durante todo o vindeiro curso escolar, así o confirmou hoxe mesmo o alcalde nunha visita para coñecer de preto esta metodoloxía con beneficios científicos contrastados. Deste xeito, o  alumnado continuará recibindo estas sesións que estrearon este ano coa empresa especializada Yaracan tras autofinanciarse coa venda de almanaques solidarios.

“Estamos moi agradecidos a todas as persoas que mercaron ese almanaque porque permitiron levar adiante este proxecto marabilloso que, agora, continuaremos da man do Concello de Nigrán”, sinala Alberto González desde a dirección do Centro. Así, igual que neste curso, no próximo a totalidade dos 35 alumnos seguirán a participar neste programa complementario de educación asistida un día á semana en horario lectivo e en sesións individuais ou en aula atendendo ás necesidades concretas de apoio educativo; a terapia desenvolverase con catro cans e os seus respectivos técnicos especialistas.

“Desde a dirección do centro pedíronnos este apoio e no Concello de Nigrán non dubidanos que o queremos ofrecer como parte da nosa política de ‘Un Nigrán para todos’, estamos encantados de sumar”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Desde a propia empresa especialista e o CEE Juan María destacan que á activación emocional positiva que xera o contacto cos cans súmase que non xulgan, non senten mágoa e trátannos a todos por igual. O feito xa contrastado de que favorecen a redución do ritmo cardíaco, a diminución da presión arterial e a segregación de  endorfinas e  oxitocina, permite traballar en áreas cognitivas,  psicomotrices, comunicativas e sociais como un potente recurso de apoio para os profesionais do CEE Juan María.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies