
A cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ encargouse de renovar a sinalización de todos os sendeiros e de incorporar paneis nestes tres que carecían de información adicional sobre o percorrido
O Concello de Nigrán renovou este verán toda a sinalización da rede de sendeiros municipal e, recentemente, instalou paneis informativos adicionais nos tres únicos que carecían deles: Chandebrito, Os Matos (Camos-Chandebrito) e Monteferro, estes só tiñan sinalización de percorrido mediante postes. O traballo correu a cargo da cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito).
Toda a rede municipal de Nigrán está desde este verán xeorreferenciada na plataforma Wikiloc.



