spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inaugurou hoxe a súa nova Praza do Concello

Nigrán inaugurou hoxe a súa nova Praza do Concello

Plaza Nigrán 20-3-2015.jpg2 (Copiar)A primeira praza pública do centro de Nigrán, que recibe o nome de “Praza do Concello”, conta con zonas verdes, parque infantil, bancos e un foro fronte ao acceso ao Salón de Actos municipal, exposto para a realización de actuacións ao aire libre

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, presidiu o acto de inauguración da nova Praza do Concello, nun acto que contou tamén coa presenza do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, e todos os membros do equipo de goberno.

A actuación realizada polo goberno municipal reconverteu o tramo da Avda. Castelao comprendido entre a PO-552 e cálea Alcalde Manuel Alonso nun punto de encontro para os veciños de Nigrán cunha superficie de 1.400 metros cadrados, no que o peón é o principal protagonista.

Unha actuación fundamental para Nigrán, segundo afirmou hoxe o alcalde na súa intervención, que dota ao centro de Nigrán do primeiro espazo de lecer e esparexemento para pequenos e maiores, no que os veciños poderán facer vida.

“A construción desta praza é o primeiro paso para consolidar o centro urbano de Nigrán como un punto de encontro veciñal e de lecer, que axudará ademais a reactivar a actividade dos comercios da súa contorna”, apuntou Valverde, que avanzou ademais outras actuacións que o goberno municipal planea para a contorna da nova praza, como son o asfaltado e acondicionamento das beirarrúas da Avenida Reverendo José María Pérez, ou os asfaltados de cálelas Alcalde Manuel Alonso e Vilameán.

Con esta actuación, financiada polo goberno municipal a través dun plan de obras e servizos da Deputación de Pontevedra por valor de 218.456 euros, o goberno local dá o primeiro paso para consolidar o centro urbano de Nigrán como un punto de encontro veciñal e de lecer, que axudará ademais a dinamizar a actividade hostaleira e comercial da zona.

Pola súa banda, a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, puxo en valor as actuacións financiadas pola administración autonómica no concello, como o punto limpo, a senda peonil entre Priegue e Nigrán, o novo centro de saúde de Panxón ou o abastecemento de auga a Camos, entre outras, todas elas dirixidas a mellorar os servizos e as infraestruturas para os veciños de Nigrán.

Nigrán-inaugurou-hoxe-nova-Praza-ConcelloNigrán-inaugurou-hoxe-nova-Praza-Concello

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.