spot_img
InicioVal MiñorBaionaClausura e entrega de diplomas no Obradoiro de Emprego "Terras do Miñor...

Clausura e entrega de diplomas no Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III”

Clausura-entrega-diplomas-Obradoiro-Emprego-"Terras do Miñor III"O Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor III” promovido pola “Mancomunidade de Concellos do Val Miñor” e fincanciado pola Consellaría de Traballo e Benestar, celebrou o seu acto de clausura e a entrega de diplomas a os 23 alumos/ás.

O acto foi presidido polos alcaldes de Nigrán, Alberto Valverde, de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña e de Gondomar, Fernando Guitián presidente da Mancomunidade, Susana Figueroa pertencente á a Consellaría de Traballo e Benestar e Luis Abraira Arias Director del Obradoiro.

O obradoiro comezou o 22 de setembro de 2014 e tivo unha duración de seis meses nos que se formaron 23 alumnos en Operacións Básicas de Cociña e Servizos de Restauración. Todos eles recolleron o seu certificado de profesionalidade no día de hoxe.

No acto de clausura, o presidente da Mancomunidade, Fernando Guitián, tubo agradecementos á Xunta de Galicia por permitir utilizar a Residencia de Tempo de Libre de Patos, á Consellaría de Traballo e Benestar, aos técnicos de emprego dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar xa que estes son os que axudan a decidir os asuntos de formación para o emprego.

Tamén non quixo que se lle esqueceran os profesores, o director e moi especialmente dos alumnos que son a causa e efecto de que todo isto se produza.

Segundo Guitian o importante é que ” o Obradoiro axudase aos alumnos e que servise para formar bos profesionais.
Preténdese mellorar o turismo na bisbarra do Val Miñor ofrecendo mellores servizos e profesionais mellor preparados. Por último deséxolles boa sorte aos alumnos na busca de emprego nuns momentos tan complicados”.

O alcade de Gondomar sinalou que o Obradoiro de Emprego Terras do Miñor IV xa está solicitado á espera da contestación da Xunta. Este sería para 30 novos alumnos e ademais das especialidades que xa existen no Obradoiro de Emprego Terrras do Miñor III engadirían unha especialidade no ámbito da limpeza.

Susana Figueroa agradeceu aos alcaldes de Nigrán, Alberto Valverde, de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña e de Gondomar,Fernando Guitián por ser os implusores do proxecto e o director e a todo o equipo por levalo a bo remato.
O Director do Obradoiro Luis Abraira Arias agradeceu á Xunta á Consellaría de Traballo e Benestar, á entidade promotora Val Miñor, a todo o equipo e aos alumnos que se puidese levar a cabo este proxecto. O director explico aos alumnos que despois de recibir a formación xa son profesionais amparados por un certificado ademais de recibir formación en determinadas ocupacións da hostalaría. Segundo José Luis “nesta edición esperamos alcanzar unha inserción laboral do 90% “. Xa que os alumnos dispoñen dun ámplio abano de posibilidades en canto a contratación.

Moitos dos alumnos tiveron entrevistas de traballo ademais de poder asistir a unha convocatoria de emprego dunha nova empresa que conta con 60 vacantes.

O acto finalizou coa entrega de diplomas aos 23 alumnos que se formaron nas súas clases teóricas e prácticas, en operacións básicas de cociña e servizos de restauración, participando activamente na elaboración e divulgación de menús con produtos típicos da bisbarra.

Clausura-entrega-diplomas-Obradoiro-Emprego-"Terras do Miñor III"

 

- Publicidade -spot_img