spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inaugura a praza da Ponte da Ramallosa co concerto de 'Tugores'...

Nigrán inaugura a praza da Ponte da Ramallosa co concerto de ‘Tugores’ en homenaxe a Mark Knopfler

nigran-inaugura-a-praza-da-ponte-da-ramallosa-co-concerto-de-tugores-en-homenaxe-a-mark-knopflerO Concello de Nigrán inaugura este mércores 10 de xullo ás 19:00 horas a nova praza pública que comunica a Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor, co concerto de ‘Tugores’ en homenaxe a Mark Knopfler. ‘Tugores’ é o proxecto musical do guitarrista e compositor mallorquino Jaume Tugores, quen estará acompañado por David González ao saxo e Biel Fiol ao cello.

 

Mark Knopfler, lider de Dire Straits que cumpre 75 anos, foi o guitarrista que motivou a Jaume Tugores a aprender a tocar a guitarra hai xa máis de 35 anos. Para homenaxealo, Tugores compuxo unha peza adicada a el e gravada con este trío, o tema titúlase “The sound of embrace”. Anteriormente, no 2008, Tugores publicou o seu cuarto disco ‘Imaxes de Knopfler’ versionando as bandas sonoras de Knopfler con guitarra clásica e percusión. Neste concerto, ademais, tocaranse algunhas pezas craves da súa discografía.

Praza da Ponte da Ramallosa

As obras emprendidas polo Concello de Nigrán permitiron dar un xiro radical nesta contorna de gran valor patrimonial, natural e etnolóxica para que agora sexa unha zona senlleira de pausa e descanso no Camiño.

nigran-inaugura-a-praza-da-ponte-da-ramallosa-co-concerto-de-tugores-en-homenaxe-a-mark-knopfler

Con este fin, o Concello investíu 114.726 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. A actuación supuxo unha mellora no pavimento térreo existente e a creación dunha zona empedrada únicamente para o acceso dos vehículos aos garaxes actuais.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O resto do lugar destinouse únicamente para os peóns, que contan cun itineario de adoquinado en granito moreno acompañado de mobiliario urbano de deseño sinxelo que se integra na praza de xeito amable

- Publicidade -spot_img