spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea unha ruta teatralizada de lenda no sendeiro dos Matos-Río Táboas

Nigrán estrea unha ruta teatralizada de lenda no sendeiro dos Matos-Río Táboas

Nigrán estrea unha ruta teatralizada de lenda no sendeiro dos Matos-Río TáboasA actividade é gratuíta, será este mércores ás 21.00 horas e a inscrición se pode facer no seguinte enlace: https://forms.gle/Nd4kBcz7WEcoAnHp9 . Só hai 25 prazas.

Revista COUSAS DE Nº18

Nigrán continúa a desfrutar ao máximo da súa natureza este verán a través de paseos guiados para dar a coñecer ao máximo os seus mellores segredos. Este mércores ás 21.00 horas estrea unha ruta teatralizada de lendas e misterios no sendeiro dos Matos-Río Táboas en Camos. A actividade que organiza Teatro do Ar coa colaboración da Cooperativa Somos Terra comezará na rúa do Sobral (https://goo.gl/maps/6Dy78Y1nGeatQJvi8), terá un percorrido circular e rematará ás 22.30 horas.

A inscrición é totalmente gratuíta e pódese facer a través do seguinte enlace. Só hai 25 prazas. As persoas que participen terán que levar obrigatoriamente unha lanterna e un chaleco reflectinte. A ruta non ten máis de tres quilómetros, pero o camiño ten desnivel e algunhas pequenas dificultades.

A ruta está inspirada en lendas galegas e as persoas participantes terán que decidir coas súas decisións o destino das personaxes. Desta maneira poderán mergullarse na historia da representación á vez que coñecen un espazo de gran importancia no pasado da veciñanza de Camos.

O alcalde, Juan González, quere animar á veciñanza a participar nesta ruta e lembra que actividades como esta “son a mellor maneira de dar o coñecer o noso gran patrimonio natural de interior”. “No verán as praias e o mar son os protagonistas, pero os nosos montes teñen moitos segredos que se deben coñecer”, destaca.

- Publicidade -spot_img