spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea o seu primeiro Ciclo de Música Clásica

Nigrán estrea o seu primeiro Ciclo de Música Clásica

nigran-estrea-o-seu-primeiro-ciclo-de-musica-clasicaO Concello de Nigrán estrea o seu primeiro Ciclo de Música Clásica co concerto de Fin de Ano da acordeonista Nerea Rodríguez, que tocará cun cuarteto de corda o día 29 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio con entrada de balde ata completar aforo

Revista Cousas de Nº24

Artistas premiados internacionalmente protagonizarán o primeiro ciclo de música clásica organizado polo Concello de Nigrán. A cita inaugural será co concerto de fin de ano da acordeonista Nerea Rodríguez acompañada do cuarteto de corda liderado por Ana Shi o 29 de decembro no Auditorio Municipal (20:00 horas). As seguintes terán lugar o 26 de xaneiro coa violinista polaca Julia Blachuta e o pianista pontevedrés Severino Ortiz e o 1 de marzo, na Igrexa de Santiago de Parada, coa Orquesta Barroca Vigo 430 acompañada pola violinista catalana Anna Urpina á dirección e a soprano valenciana Aurora Peña. Todos os concertos serán con entrada de balde ata completar aforo.

“Estreámonos con artistas premiados internacionalmente para ofrecer un ciclo gratuito de gran calidade que repetiremos anualmente, igual que o ‘Primavera de Jazz`”, explica o alcalde, Juan González, quen incide na gratuidade e na proximidade dos mesmos. “Temos unha Escola Municipal de Música cun alumnado activo e numeroso que demanda este tipo de ciclos para poder ampliar a súa formación, está pensado neles e na veciñanza en xeral”, explica o alcalde, Juan González.

Nerea Rodríguez iniciou os seus estudos musicais en Pontevedra con M. Padrón, continuando a súa formación no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Ten sido galardoada en diversos concursos nacionais e internacionais, entre os que destacan: o Certame de Arrasate, o Concurso Internacional de Música de Cámara Ciudad de Vinarós e o IMKA Competition. Membro de diferentes formacións, participou en destacados festivais e ciclos de concertos a nivel internacional e nacional: Akkordeon International Festival (Kiev), Armi Hall (Saraievo), Festival Internacional de Música de Cámara de Vinarós (Valencia), Festival Internacional de Música de Cámara de Mendoza (Arxentina), Conservatorio Nacional de Acordeón (Chile), Festival Electrocution (Francia)… Nerea mantén un forte compromiso coa música contemporánea, estreando obras de máis dunha quincena de compositores. O seu último traballo é co Dúo Xistra, titulado Boundar(ii)é, que inclúe composicións creadas especificamente para o dúo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.