spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea na Ramallosa os primeiros 'Bancos da Amizade' para loitar contra...

Nigrán estrea na Ramallosa os primeiros ‘Bancos da Amizade’ para loitar contra o acoso escolar

Nigrán estrea na Ramallosa os primeiros 'Bancos da Amizade' para loitar contra o acoso escolarA iniciativa xurdíu dunha nena de Florida no 2012 como un recurso ubicado no patio escolar onde sentarse cando un precisa apoio, folgos, alegrías e novas amizades

O Concello de Nigrán instalou onte na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros ‘bancos da amizade’ de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

“Recibimos a petición dunha veciña de Priegue no verán e dunha persoa maior da Ramallosa para que os fixeramos en Nigrán e non dubidamos nin un segundo, inmediatamente llos encargamos ao Centro Ocupacional do CEE Juan María; estamos encantados porque outros concellos da comarca coñecedores da nosa iniciativa xa anunciaron que se sumarán. Fomos pioneiros investindo en mochilas vibratorias para que as persoas xordas gozaran da música e a raíz disto outros moitos municipios de Galicia tamén o farán, ogallá que cos bancos suceda o mesmo”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen encadra este investimento no proxecto de goberno ‘Un Nigrán para todos’ que busca acadar a accesibilidade universal e, en definitiva, un Nigrán amable coas persoas e que cre na diversidade. Consecuentes co propio mensaxe que transmite este banco, feito a base de listóns de madeira de diferentes colores, o Concello de Nigrán encargou a súa fabricación ao taller de carpitería do CEE Juan María, que tamén se ocupou da súa instalación esta mañá precisamente a carón da caseta de ventas coa que contan no Alameda de A Ramallosa e enfrentando un banco a outro para favorecer a comunicación entre as persoas.

Esta idea chegou a España a inicios deste curso escolar cando unha nena dun colexio de Burgos o promoveu no seu centro a través dunha carta que se fixo viral nas redes sociais. “Este banco combate o bullying e a soidade en xeral, axuda ás persoas ás que se marxina pero tamén evita as conductas dos que causan esa marxinación e, en definitiva, apela a solidariedade e fraternidade das persoas e á aceptación da diversidade, así que en Nigrán non podían faltar”, incide González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.