spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea este venres o seu programa de andainas de xullo cun...

Nigrán estrea este venres o seu programa de andainas de xullo cun roteiro sobre Antonio Palacios

o-concello-de-nigran-presumira-en-fitur-do-legado-de-antonio-palacios-no-municipio-coa-estrea-dunha-guia-ao-respectoCelebraranse ata final de mes cinco andainas vinculadas co célebre arquitecto porriñés, co proxecto de Manuel Lemos para Praia América, sobre os segredos de Monteferro e ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar

Revista Cousas De Nº22

O Concello de Nigrán estrea este venres 12 de xullo o seu programa especial de andainas de verán cun roteiro sobre o legado de Antonio Palacios no municipio (o Templo Votivo de Panxón é unha das súas obras cimeiras). Este terá lugar ás 18:00 horas e repetirase o sábado 27 de xullo ás 10:00 horas.

nigran-estrea-este-venres-o-seu-programa-de-andainas-de-xullo-cun-roteiro-sobre-antonio-palacios

A maiores, celebraranse neste mesmo mes andainas vinculadas ao proxecto de Manuel Lemos para Praia América (‘A Niza galega’, o 17 de xullo ás 17:30 horas), sobre os segredos de Monteferro (20 de xullo  ás 10:00 horas) e o roteiro literario ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar (24 de xullo ás 17:00 horas).

En todos os casos é imprescindible inscribirse previamente a través do mail oficinaturismo@nigran.org achegando nome, apelidos e teléfono de contacto. Para calquera información adicional está habilitado o número de teléfono 699859418 de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. O Concello de Nigrán organizará tamén no mes de agosto unha ampla programación de andainas que será anunciada convintemente.

- Publicidade -spot_img