spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán dixitaliza a sinalización dos seus sendeiros e monumentos máis relevantes

Nigrán dixitaliza a sinalización dos seus sendeiros e monumentos máis relevantes

nigran-dixitaliza-a-sinalizacion-dos-seus-sendeiros-e-monumentos-mais-relevantes

O Concello de Nigrán dixitaliza a sinalización dos sendeiros e monumentos máis emblemáticos do municipio grazas á concesión dunha subvención de 13.050 euros cofinanciada entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O proxecto que xa se iniciara  hai seis anos, ten como fin interpretar e por en valor os distintos recursos patrimoniais naturais e culturais que conforman a rede de sendeiros do Concello, posibilitando ao mesmo tempo que sexa accesible a persoas con diversidade funcional como invidentes ao incluir audios.

En total, son 14 paneis tecnolóxicos en soporte de madeira de piñeiro, nos sendeiros do río Muíños (catro ubicados nos 10 km de itinerario, nas parroquias de San Pedro da Ramallosa e Nigrán), Mouros (dous ubicados nos 6 km, parroquia de Parada),  Medoñas (catro en 8 km, Priegue) e Camos (catro en 8 km); en todos atopamos Bens de Interese Cultural (BIC) que agora se poñen en valor. Por outra banda, nos 19 paneis de aluminio cos que xa contaba o municipio instalarase unha nova etiqueta QR e antena NFC que extenderá a información do mesmo tamén en inglés, galego e castelán (exemplos de localizacións: Templo Votivo de Panxón, ponte romana, os diferentes pazos, cruceiro da Lama, Torre de Méndez…). Todos os elementos interpretativos (textos, gráficos, fotografías, audios e vídeos) postos a disposición dos usuarios aloxanse nunha plataforma cloud accesible en mobilidade via web. En cada un dos recursos a interpretar existe unha etiqueta para o seu rápido recoñecemento, estas etiquetas permiten acceder á información de catro xeitos distintos:

-Web: a través da dirección web e introducindo un código alfanumérico accédese á información.

-Escaneado código QR: descargándose de xeito gratuito un software que escanea o código QR por medio de cámara móbil e lle leva automáticamente á información.

-Utilizando tecnoloxía NFC: tecnoloxía de comunicación sen fíos, de corto alcance e alta frecuencia que permite o intercambio de datos entre dispositivos a menos de 10 cm. Moitos teléfonos de hoxe incorporan esta tecnoloxía.

-Realidade aumentada: ao estar tódolos puntos de interese xeolocalizados visualizaránse dende as aplicacións de realidade aumentada máis coñecidas (Layar ou Wikitude). Estas aplicacións permiten localizar os puntos en tempo real, sendo posible acceder á información e xerar unha ruta dende a localización do visitante até o destino.

Nestes paneis tecnolóxicos pódese interpretar a paisaxe e elementos de interese patrimonial a través de textos, gráficos, fotografías, audios, vídeos… mediante QR, NFC, web ou realidade aumentada. “En definitiva, a aplicación das TIC permite revalorizar os recursos turísticos, abrir canais de comunicación accesibles, enriquecendo a experiencia do visitante e ofrecendo innovadores mecanismos adaptables aos usuarios con diversidade funcional”, destaca o alcalde de Nigrán

- Publicidade -spot_img