O pleno da corporación aproba destinar máis de 600.000 euros procedentes do remanente de tesouraría para cinco actuacións que mellorarán servizos e infraestruturas municipais.
Entre elas destaca o investimento de 510.947 euros para o acondicionamento do Pavillón Municipal de Panxón, unha actuación que afectará principalmente ao interior desta infraestrutura municipal, que contempla melloras de accesibilidade e da pista, así como a instalación de novas xanelas para unha mellor ventilación, pintura interior e unha reordenación dos espazos existentes para a habilitación de novas salas.
A proposta incluía ademais o investimento doutros 100.000 noutras catro actuacións, como son o acondicionamento dunha zona verde na Avda. Pablo Igrexas e Mestra Emérita, na parroquia de Priegue, o asfaltado de Camiño dás Laxes, en Chandebrito, a execución de pluviais no Camiño do Tombo, en Panxón e o cambio de cobertura do Centro Antena, moi deteriorado.



