spot_img
InicioVal MiñorBaionaCampus Deportivos Concello de Baiona 2015

Campus Deportivos Concello de Baiona 2015

Campus Deportivos Concello de Baiona 2015 A oferta deportiva dos Campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais (Erizana CF, Club Baloncesto Baiona, Club de Loita Sabaris, Club de Tenis Baiona, Galicia en Danza, MRCYates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, Westesport Ladeira e Bahiña Fsala, Club de patín Baiona e Club de Ximnasia Rítmica Ronsel ) e destaca dentro da oferta deste verán 2015 a incorporación dentro da oferta dos campus o Campus de Deportes Náuticos que se presenta como a maior novidade e onde os asistentes poderá practicar ; vea lixeira (MRCYates), Piragüismo (Club Piragüismo Baiona) e Windsurf, Pádel Surf e (Wesport Ladeira) e o Campus de Danza a través de Galicia en Danza como principal novidade destes 12 Campus que se poderán realizar o presente verán con seis disciplinas no mes de xullo (Tenis, ciclismo, Deportes de Combate, deportes Nauticos, F-sala e Multideporte) e outro seis no mes de agosto (Futbol, Baloncesto, Ximnasia Rítmica, Deportes Nauticos, Actividades de Patín e Danza).

Desde a Concellaría de deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común de face a outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva, salvando está claro as diferentes modalidades deportivas que se poderán realizar o presente verán; Futbol, Baloncesto, Ciclismo, Deportes Olímpicos de Combate, Tenis, Actividades de patín, Ximnasia Rítmica, Multideporte, vea lixeira, windsurf, piragüismo, pádel surf, Danza e Futbol sala. Como medida desta proposta conxunta elaborouse un deseño de cartelaría común para ofrecer a máxima comodidade aos nosos usuarios e facer manexable tanta información.

Desde a Concellaría de Deportes queren agradecer ás importantes colaboracións cos distintos campus de  entidades privadas e publicas  grazas ás cales é posible a organización dos mesmos

Os distintos doce campus desenvólvense ao longo dunha semana, en horario de 10.00 h até as 14.00 h aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 9.00 h o horario de recepción dos alumnos.
Durante as presentes semanas contaremos coa presenza de deportistas, técnicos de primeiro nivel nas distintas modalidades deportivas que desde unha óptica divertida transmitirán aos presentes as súas experiencias e realizan xogos e tarefas cos distintos alumnos.

A todos aqueles interesados en participar, a organización dos campus estableceu un prezo moi competitivo de 210 euros por todos os campus de cada mes (xulio: Tenis, Deportes Náuticos, Deportes de Combate, futbol sala, Ciclismo e Multideporte e en agosto: Baloncesto, Fútbol, Deportes Náuticos , Actividades de Patin, Danza e Ximnasia Rítmica; e de 300 euros polos meses de xulio e agosto realizando así a totalidade dos mesmos (doce campus), o que posibilita realizar actividades deportivas durante dez semanas a un prezo moi alcanzable, de todas as maneiras tamén se poderá realizar os campus que cada un seleccione individualmente pagando só a modalidade que prefira (consultar prezos por campus individualmente ou tarifas por irmáns).

Ademais, en todos os Campus deportivos os asistentes recibirán un equipamento deportivo así como un “tente en pé” a media mañá para repor forzas.

As datas e os distintos campus programados son:

1. Tenis >> 29 de Xuño – ao 3 xullo.
2. Ciclismo>> 6 ao 10 xullo.
3. Deportes Náuticos >> 5 ao 7 xullo.
4. Deportes de Combate >> 13 ao 17 xullo.
5. Futbol ?sala >> 20 ao 24 xullo
6. Multideporte >>27 ao 31 de Xullo.
7. Futbol >> 3 ao 7 agosto.
8. Baloncesto >> 10 ao 14 Agosto.
9. Deportes Náuticos >> 19 ao 22 de xullo.
10. Ximnasia Rítmica>> 17 ao 21 Agosto.
11. Actividades Patín>> 24 ao 28 Agosto.
12. Campus Danza >> 31 de agosto ao 4 Setembro.

O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de Xuño e para formular matricúlalas os interesados deberán entregar o formulario de inscrición cuberto nas oficinas de Deportes situadas no Pabellon Municipal de Baiona en horario de 9.00 a 14.00 ou de 18.00 a 21.00 h, tamén se dispón de teléfono de información T: 986.356.558 ou a través do e-mail: deportes@baiona.org

- Publicidade -spot_img