spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán despide agosto co concerto da cantante 'miñota' Erea Castro no esteiro...

Nigrán despide agosto co concerto da cantante ‘miñota’ Erea Castro no esteiro da Foz

 

A Ramallosa-2015-ano-crucial-espazos-da-Rede-Natura-2000
Foz do Miñor

O concerto terá lugar o venres 30 de agosto ás 22:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz. Erea interpretará temas propios e versións de temas consagrados da música portuguesa e española

Revista Cousas De Nº22

O Concello de Nigrán despide o mes de agosto co concerto o venres 30 de Erea Castro no escenario ao aire libre da Foz (22:00 horas) encadrado no programa ‘+ Música’ da Deputación de Pontevedra para promover os artistas galegos. A cantante ‘miñota’, como lle gusta que a recoñezan, reivindica a través da súa música a cultura dos espazos transfronteirizos nun traballo que pretende ser unha referencia máis dentro do World Music.

“Este concerto é unha maneira de reafirmar o noso irmandamento histórico con Portugal, Erea Castro é o mellor exemplo desta riqueza cultural transfronteiriza que queremos promover, por iso estamos encantados de despedir agosto con ela”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González

A través das músicas creadas pola artista e as versións que trae de temas consagrados, tanto da música portuguesa como española, crea un fío condutor polo que transitarán os espectadores, experimentando todo tipo de emocións: a nostalxia, o amor, o sentido de loita na vida ou a alegría de vivir…

nigran-despide-agosto-co-concerto-da-cantante-minota-erea-castro-no-esteiro-da-foz

Nada en 1989 en Salvaterra do Miño, nunha das fronteiras entre España e Portugal, creceu oíndo a constante mestura musical que se producía entre os dous países. Comezou a cantar con tan só 3 anos de idade. Ao longo da súa vida, participou en diferentes certames como o Karaoke Internacional, obtendo un terceiro lugar; no Festival da Canción de Ordes, categoría profesional, onde conquistou o segundo lugar, e participou tamén na primeira edición de Recantos do programa LUAR, na TVG. Nos últimos anos colaborou con músicos de gran recoñecemento nacional portugués como Marco Rodrigues ou José Cid no Altice Area de Lisboa (2020).

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Desde 2016 traballou no que constitúe o seu primeiro sinxelo “Arraial”, gravado entre Setúbal, Sesimbra, Mafra e O Porto, contando con grandes músicos do panorama portugués como Bernardo Viana (viola de fado), Pedro Viana (guitarra portuguesa), Valter Rolo (arranjos e piano), Frederico Gato (baixo) e Sertório Calado (percusión), entre outros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.