spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán cubre o tope de inscritos para o Trail '5 Miradoiros' que...

Nigrán cubre o tope de inscritos para o Trail ‘5 Miradoiros’ que se celebra esta fin de semana nas parroquias do interior

nigran-cubre-o-tope-de-inscritos-para-o-trail-5-miradoiros-que-se-celebra-esta-fin-de-semana-nas-parroquias-do-interiorO Concello de Nigrán celebra este 20 e 21 de abril a segunda edición do seu trail ‘5 Miradoiros’ co tope de 300 inscritos, sendo un 35% mulleres, unha porcentaxe que duplica a media habitual neste tipo de competicións e que enorgullece especialmente a este Concello, organizador o ano pasado do trail feminino ‘Asaltamontes’ en Monteferro.

Revista Cousas de nº21

Esta proba que fusiona deporte, natureza e vistas espectaculares está organizado a través do Clube Raza Palleira, radicado en Nigrán, e inclúe facilidades para a conciliación como o servizo de gardería no Colegio Estudio.  A competición arranca o sábado 20 de abril pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e continuará o domingo pola mañá desde Chandebrito con tres probas (trail longo, curto e andaina), pasando en todos os casos polas parroquias do interior do municipio (Camos, Chandebrito, Priegue e Parada) e coincidindo cos miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo. Todo rematará con un xantar popular para os participantes na parroquia de Chandebrito.

“Este trail resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’ e triunfou desde o seu inicio o ano pasado acadando tamén o tope de inscricións”, explica o rexedor, Juan González, quen considera que o propio deseño do itineario “ é a mellor carta de presentación do noso patrimonio natural”.

- Publicidade -spot_img