Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán crea o Bosque de Maeloc en honra do primeiro disco do...

Nigrán crea o Bosque de Maeloc en honra do primeiro disco do grupo Milladoiro

Nigrán crea o Bosque de Maeloc en honra do primeiro disco do grupo MilladoiroO Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito homenaxean ao grupo Milladoiro coa plantación do ‘Bosque de Maeloc’ e a instalación dun milladoiro simbólico

O Concello de Nigrán celebrou o pasado sábado en Chandebrito o festival Chandefolk co concerto do emblemático grupo Milladoiro despois de homenaxealos mediante a plantación do ‘Bosque de Maeloc’ e o descubrimento dun monumento ex-profeso que representa, precisamente, un milladoiroConcello de Nigrán e Comunidade de Montes quixeron deste xeito realizar un recoñecemento público deste grupo de referencia no folk galego e, en particular, da figura do seu membro fundador Antón Seoane (guitarra, acordeón e teclados de 1979 a 2013) e quen elixiu a parroquia de Camos para vivir hai preto xa de 20 anos.

“Chandefolk celebrou a súa terceira edición cun grupo de absoluta referencia, Historia viva da rexeneración do folk galego, e do que en Nigrán nos sentimos especialmente orgullosos por contar con Seoane como veciño, tiñamos unha débeda pendente neste sentido”, destaca o alcalde, Juan González.

Os integrantes actuais desta formación e Antón Seoane, fundador e veciño de Camos desde hai case 20 anos, reforestaron 7.000 m2 do Outeiro das Laxes con 40 especies autóctonas en homenaxe á publicación do seu primeiro disco ‘A Galicia de Maeloc’ en 1980

Os membros actuais da banda xunto a Seoane, goberno de Nigrán, Comunidade de Montes e veciños, foron os encargados de reforestar 7.000 metros cadrados do Outeiro de As Laxes con 40 especies autóctonas no que xa quedou bautizado como ‘Bosque de Maeloc’ en homenaxe á publicación no 1980 do seu primeiro disco ‘A Galicia de Maeloc’ (este traballo de Antón Seoane e Rodrigo Romaní foi o primeiro disco galego en editarse no mercado francés e o primeiro na historia do folk galego no que se mestura gaita galega, ocarina, zanfona, arpa, clavecín ou frautas). Precisamente, a superficie rexenerada resultara calcinada nos incendios de 2017 e foi “deseucaliptilizada” antes da reforestación para plantar no seu lugar 10 bidueiros, 10 cerdeiras, 10 nogueiras e 10 castiñeiros.

“Representar nun bosque o disco ‘A Galicia de Maeloc’ é algo marabilloso porque está cheo de simbolismo e de paralelismos. Fixemos un traballo musical que puxo en valor o noso folclore e as nosas raíces e agora quedará plasmado nun bosque que parte dun terreo calcinado onde medraban especies invasoras”, explicou Antón Seoane ante o monumento do ‘Milladoiro’ realizado ex-profeso polo colectivo ‘Arte no Queimado’ por encargo da Comunidade de Montes da parroquia. Deste xeito o cume do Outeiro de As Laxes está coroado por un gran milladoiro de 4 metros de altura elaborado con 40 cubos de granito de 60×60 cm procedentes da canteira de Chandebrito Lemmar Granite e unha zanfona de aceiro cortén sobresaíndo del. O monumento do que adoitou o nome o grupo representa os lugares sagrados nos que os peregrinos que fan o Camiño de Santiago depositan pedras, polo que está chamado a ser un novo lugar emblemático da parroquia, como xa o son os dous pulmóns xigantes elaborados polo mesmo colectivo artístico con madeira calcinada con motivo do segundo aniversario dos incendios.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies