spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán conta cun novo punto oficial para selar a Compostelana grazas ao...

Nigrán conta cun novo punto oficial para selar a Compostelana grazas ao novo quisco do CEE Juan María na Ramallosa

nigran-conta-cun-novo-punto-oficial-para-selar-a-compostelana-grazas-ao-novo-quisco-do-cee-juan-maria-na-ramallosaUsuarios deste centro reabren o quiosco da Alameda da Ramallosa para a venda de prensa e como lugar onde ofrecer información turística aos peregrinos, tal e como se propuxo desde ‘Un Nigrán para todos’

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O Concello de Nigrán conta desde esta semana cun novo punto onde selar a compostelana grazas á nova iniciativa do CEE Juan María de reabrir o quiosco da Alameda da Ramallosa, sen actividade desde hai anos. O lugar volve a ser un punto de venda de prensa nesta zona urbana onde precisamente se botaba en falla este servizo. A maiores, poden encontrarse prendas da súa marca de roupa inclusiva ‘JuanMariaSinEtiquetas’.

“Queremos apoiar este proxecto inclusivo que beneficia a toda a veciñanza ao retomar a venda de prensa e, ao mesmo tempo, funcionar como un lugar  de información para os peregrinos. Este é a mellor imaxe que podemos trasmitir do ‘Nigrán para todos’ que perseguimos”, explica o alcalde, Juan González, quen achegou folletos turísticos do Concello para que eles mesmos lle poidan facilitar aos peregrinos ao tempo que lle selan as credenciais, idea esta última ofrecida desde o grupo de expertos en inclusión de ‘Un Nigrán para todos’.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.