spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán consolida a simbiose natural entre Carlos Núñez e o Mirador de...

Nigrán consolida a simbiose natural entre Carlos Núñez e o Mirador de Monteferro cun concerto o 5 de agosto coincidindo co Solpor

Carlos_Núñez_MonteferroO gaiteiro internacional regresa a súa cita ineludible co verán nigranés. O espectáculo forma parte da xira ‘Lugares Máxicos’ e as entradas están xa á venda a través de Ataquilla

Revista COUSAS DE nº14

O Concello de Nigrán volve a ofrecer este verán ao mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo: Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro coincidindo co xa famoso solpor cara o Oceáno Atlántico e as Illas Cíes e Estelas. O espectáculo, que forma parte da programación estival do Concello de Nigrán e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, será o 5 de agosto ás 20:00 horas e se encadra na xira ‘Lugares Máxicos’. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla cun prezo de 22 €.

Tal e como arrancaron no 2020 os concertos de Carlos Nuéz neste enclave único, o obxectivo é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia coa natureza e o momento do solpor.

“Desde o ano 2020 en agosto xuntamos ao mellor gaiteiro do mundo no que nos consideramos o mellor escenario do mundo, unha unión que resulta máis que fascinante”, incide o alcalde, Juan González

“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo”, sinala o gaiteiro

“Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, pero na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentímos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas…. Por iso, neste concerto repetirei o soño de compartir esas experiencias cos meus amigos músicos e co noso querido público. Seremos unha gran familia!”, sinala o propio Carlos Núñez, quen ten tocado dentro desta xira ‘Lugares Máxicos’  en espazos tan singulares de Galicia como o Mosteiro de Oseira, o Dolmen de Dombate ou a Catedral de Mondoñedo.

Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.

- Publicidade -spot_img