Inicio Pontevedra Nigrán celebra este fin de semana o 'VI Torneo San Fiz de...

Nigrán celebra este fin de semana o ‘VI Torneo San Fiz de Bolos Celtas’

Nigrán-celebra-fin-semana-VI-Torneo-San-Fiz-Bolos-Celtas
A Sociedade Deportiva Bolos do Ceán organiza este fin de semana co patrocinio do Concello de Nigrán o ‘VI Torno San Fiz Bolos Celta’, que terá lugar no xogo de bolos do Ceán (Nigrán). O campionato, no que participan cerca de un cento de xogadores dunha quincena de equipos federados do Val Miñor e Baixo Miño, arranca o sábado ás 15.30 horas coa primeira fase, que está previsto que se dilate ata a media noite. Ao día seguinte, domingo 26, disputarase a fase final dende as 09.00 horas ata as 13.30 horas.

Bolos Celtas

O xogo de’Bolos Celtas’ é probablemente a máis antiga modalidade deportiva das que se celebran na comarca. Aínda que a súa orixe é incerto, parece que xa se xogaba fai un par de séculos na zona. Normalmente o premio polo que se xogaba era un carneiro ou algún animal de granxa. Aínda que agora os clubs participan nunha competición galega rexida pola Federación autonómica do ramo, aínda perduran as partidas nas que se poxa por aquel animal.

Características do xogo

O xogo practícase nun campo case semicircular de terra ou area de praia. En cada bolada hai que derrubar 18 bolos cónicos, situados sobre unha placa de pedra, cunha bóla lanzada polo aire, non a nivel de chan. O lugar desde onde lanza cada xogador está a 7,5 metros da placa, e esta a 21 metros da liña de puntos. Os bolos están situados nunha soa liña e separados un doutro por un par de centímetros. Tanto os bolos como a bóla son de madeira de boj; os primeiros teñen 18 cm. de altura e 5 de ancho e un peso de 250 gramos. A bóla, de 60 cm. de circunferencia, pesa 2,5 kg.

O xogo pode ser practicado entre dous xogadores, entre parellas ou entre equipos de 3 xogadores e un suplente cada un. Cada xogador dispón de 3 quendas ou boladas para lanzar, nunca de maneira consecutiva. Cada bolo que consegue exceder a liña de puntos outórgalle 10 puntos ou bolos, mentres que os que só derrubase e non queden en pé valen un só punto. O equipo que some máis puntos gaña. Cada encontro ten dúas roldas, e cada unha delas dirímese ao mellor de 5 partidas. Cada vitoria vale 3 puntos, o empate vale un e a derrota ningún.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies