Inicio Pontevedra 60 Nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona e alumnos...

60 Nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona e alumnos do Centro Juan María colaboran nun taller de manualidades

60-Nenos-Escola-Verán-Concello-Baiona-alumnos-Centro-Juan-María-colaboran-nun-taller-manualidades

A céntrica rúa Carabela Pinta de Baiona converteuse esta mañá nun improvisado taller de manualidades con materiais reciclados con máis de medio centenar de protagonistas. 60 nenos da Escola de Verán do colexio Covaterreña compartiron a actividade con usuarios do centro de formación ocupacional para persoas con discapacidade Juan María de Parada.

Os pequenos e os alumnos do Juan María gozaron dunha mañá moi enriquecedora na que a axuda foi mutua. Entre as actividades que compartiron están a elaboración de deseños sinxelos a partir de cartón e pinzas da roupa, a construción de “esculturas” a partir do ensamblaje de elementos chairos de cartón ou a elaboración de “esculturas” con arame e contas de cores?

Os mozos e mozas do Juan María estaban entusiasmados axudando aos máis pequenos, a Directora do centro manifestou que este tipo de actividades nas que os alumnos do centro participan con nenos é fundamental para a inclusión real de persoas con discapacidade intelectual. Ademais, esta actividade axudará aos máis pequenos no seu desenvolvemento persoal. Á vez que se divirten aprenderán unha gran lección. Asimilarán o importante que é a diversidade, o compartir, o axudar etc.

O Alcalde xunto coa concelleira de Benestar Social e Igualdade visitou o taller e felicitaron aos usuarios polo resultado dos seus traballos, que “dan mostra das capacidades do colectivo“, subliñaba. Un logro no que tamén ten que ver moito a implicación dos profesionais do centro, indispensable -engadía- para fortalecer a súa integración na sociedade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies