spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán anuncia unha nova sesión de Carlos Núñez no Festival Solpor de...

Nigrán anuncia unha nova sesión de Carlos Núñez no Festival Solpor de Monteferro en agosto

Carlos_Núñez_MonteferroO Concello de Nigrán recibirá o mes de agosto cunha dobre cita de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro. Así, o gaiteiro internacional sumará ao concerto do sábado 2 de agosto, coas derradeiras entradas á venda, outro o domingo tamén ás 20:00 horas para que coincida co solpor. 

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Como cada ano desde 2020 coa súa xira ‘Lugares Máxicos’, o obxectivo do mellor gaiteiro do mundo é enfeitizar aos asistentes grazas a especial sinerxia da súa música coa natureza e o crepúsculo no que se coñece popularmente como ‘o mellor escenario do mundo’.

Precisamente, nos vindeiros días Britanny Ferries estreará o vídeo do seu último concerto en Monteferro, estas imaxes e a música de ‘Celtic Seas’ (o seu derradeiro disco, feito para conmemorar os 50 anos da compañía) deleitarán aos máis de 2 millóns de pasaxeiros que cada ano elixen este transporte marítimo para comunicarse con Inglaterra, Irlanda, Bretaña, Normandía ou o Norte de España.

“O escenario é inigualable, cara o Oceano Atlántico e as Illas Estelas, nun dos lugares máis fermosos de Galicia, e no momento máxico do solpor, polo que a música soará na súa máxima expresión, en absoluta comunión co escenario”, valora Carlos Núñez.

O Festival 'Solpor Monteferro' consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000 persoas

“Estamos moi orgullosos de contar cada ano co mellor gaiteiro do mundo no mellor escenario do mundo; cada concerto aquí é único e diferente”, incide o alcalde, Juan González.

Como sempre, co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo sen impacto algún, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas xustificados de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa propia natureza.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.