spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán acollerá o Campionato de Europa de Surf Adaptado

Nigrán acollerá o Campionato de Europa de Surf Adaptado

nigran-acollera-o-campionato-de-europa-de-surf-adaptadoNigrán acollerá en outubro o Campionato de Europa de Surf Adaptado coa presenza dos mellores deportistas do continente

Revista Cousas de Nº24

O Concello de Nigrán vivirá un fito deportivo sen prendecentes do 15 ao 18 de outubro acollendo o Campionato de Europa de Surf adaptado en Patos. Unha competición internacional que chega ao municipio tras ser sede durante 4 anos consecutivos do campionato de España e que  é posible grazas  ao traballo conxunto de todas as administracións (Concello, Deputación e Xunta), a Fundación Bimba y Lola, a Federación Galega de Surf e o clube nigranes Quenlla, único en Galicia adicado a atender a diversidade.

“Non podemos estar máis orgullosos de que Nigrán, grazas a praia de Patos, se sitúe no mapa de Europa como un lugar sinónimo de inclusión, estamos realmente emocionados e desexosos de acoller este evento. Este é o Nigrán para todos ao que sempre nos referimos”, indica o alcalde, Juan González, quen fará coincidir esta proba coa ‘Copa Concello de Nigrán de Surf adaptado’, destinado neste caso a deportistas con diversidade cognitiva e na que cada ano participan preto de un cento de persoas de toda comarca vinculadas a entidades como o CEE Juan María, Menela ou San Francisco. “Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal grazas ao asesoramento do grupo de expertos de ‘Un Nigrán para todos’ e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas de surf. Esta é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano”, subliña González.

“Patos  será o escenario desta competición de surf que reúnirá aos mellores deportistas con discapacidade física de toda Europa, competirán representando as súas respectivas seleccións nacionais e poderán participar na Copa Galicia que se desenvolverá paralelamente (no campionato de España non pode haber internacionais, pero nesta última si)”, explica Luis Pena, responsable de Quenlla Surf, a quen o Concello de Nigrán acaba de premiar na derradeira gala do deporte polo seu traballo a favor da inclusión.

Aproximadamente, uns 70 deportistas de países como Portugal, Francia, Suiza, Grecia, Italia, Reino Unido, etc. competirán baixo cadansúa bandeira e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…). Aínda que a lista española de seleccionados se develará máis adiante, todas as quinielas apuntan a Aitor Francesena ‘Gallo’ (invidente), Sarah Almagro (tetrapléxica), Ander Goenaga (tetraparesia) ou Mireia Cabañes (amputada dunha perna).

“É un reto para Nigrán e o afrontamos coa máxima ilusión, queremos ofrecer a nosa mellor imaxe, que se sintan queridos e arroupados, por iso animamos desde xa á cidadanía a que veña neses días a Patos porque recibirán unha lección de vida e de superación incribles”, reflexiona González.  “O deporte trasmite valores como o sacrificio, tesón, constancia… e no caso do adaptado máis, estamos moi orgullosos de ser anfitrións deste evento “, engade Luis Pena.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.