O certame, convocado pola organización ‘Laboratorio Polimedicado’, conta coa colaboración do Centro de Saúde Val Miñor e o Concello de Nigrán
O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acollerá o 25 de abril a entrega de premios da quinta edición do festival internacional de curtametraxes ‘Nuestra Salud’, coa participación de traballos de temática sanitaria procedentes de todo o mundo. No certame, convocado pola organización sen ánimo de lucro ‘Laboratorio Polimedicado’ (formada por profesionais sanitarios de toda España) en colaboración co Concello de Nigrán e o grupo ‘Oes, Ves’ do Centro de Saúde Val Miñor, haberá premios de 1.500 € (1º), 1.000 € (accésit), 500 € (público) e un especial de 300 € ‘Concello de Nigrán’ para o mellor de autoría miñorana. O prazo para participar permanece aberto ata o 31 de marzo, puidéndose consultar as bases en http://polimedicado.org/bases .
‘Oes, Ves’ está formado por profesionais dos centros de saúde do Val Miñor, grupo que se ten presentado desde a primeira edición a este certame internacional no que sempre participan traballos procedentes de toda Europa e Sudamérica. A entrega de premios do ano pasado foi en Vitoria e as anteriores en distintas cidades de Extremadura, sendo esta a primeira vez que se realiza en Galicia, neste caso en Nigrán.
“A médica miñorana Concha Nogueiras, do grupo ‘Oes,ves’, ofreceu ao Concello de Nigrán esta posibilidade de colaborar e non o dubidamos, é unha honra dar cobertura a este certame no que se divulgan boas prácticas entre a poboación, cuestión de máxima actualidade agora mesmo”, explica o alcalde, Juan González.
Este concurso de curtametraxes sobre saúde está aberto á participación de toda a poboación. O lema é “Nuestra Salud” e os traballos deberán versar sobre algunha/as das seguintes temáticas:
– A nosa Saúde. O tema principal desta edición céntrase na importancia da boa relación e coordinación de todos os recursos para alcanzar “Nuestra Salud” (comunidade, políticas sociais e sanitarias, farmacia, hospital, atención primaria….)
Desmedicalizando o cotián. Accións que se dirixen a reverter o proceso de medicalización da vida, entendida como aquel en o que eventos da vida cotiá son convertidos en problemas de saúde, e desde esa perspectiva son abordados e tratados por diferentes profesionais da saúde.
Toda a información ao respecto está en www.polimedicado.org



