spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán achega a cultura milenaria de México á Escola Municipal de Cerámica...

Nigrán achega a cultura milenaria de México á Escola Municipal de Cerámica a través de reputados mestres do pais azteca

Nigrán achega a cultura milenaria de México á Escola Municipal de Cerámica a través de reputados mestres do pais aztecaCatro artesanos de Chiapas,  Ciudad de México e Jalisco imparten durante toda a semana obradoiros de cerámica, cartonaxe, xoguetería ou alebrijes segundo a súa especialidade e, cada día, ás 20:00 horas ofrecen charlas abertas ao público no Auditorio Municipal

Revista COUSAS DE Nº18

Nigrán bebe esta semana da mellor tradición mexicana. Catro mestres oleiros e das artes plásticas chegados ex-profeso desde diferentes puntos do país azteca protagonizan o ‘IV Encontro Internacional’ organizado polo Concello de Nigrán a través da Escola Municipal de Cerámica. Alumnado de toda Galicia, algúns deles ceramistas profesionais, aprenden as súas técnicas desde hoxe e ata o venres  nos diferentes obradoiros que se desenvolven no CEE de Panxón. Adicionalmente, e xa aberto a calquera público interesado, os mestres mexicanos ofrecen desde este luns e ata o xoves charlas gratuítas no Auditorio Municipal ás 20:00 horas.  Este é o cuarto encontro internacional que promove o Concello nos 40 anos de vida da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán (a máis antiga de Galicia) sendo en anteriores edicións Xapón, India e os países periféricos de España os protagonistas.

Durante estes cinco días, xaguares xigantes de barro, bruñidos cerámicos impresionantes, ou métodos de coccións a ceo aberto son os protagonistas dos obradoiros de barro; a estes se lle suman outros dous de artes plásticas propias de México como son os xoguetes tradicionais ou os alebrijes de papel. Son en total 4 talleres dirixidos por cadanseu mestre mexicano e que reúnen ao alumnado interesado que previamente se matriculou.

“México mantén practicamente intacta unha cultura milenaria de gran riqueza que nos achega ao máis ancestral e primario do mundo da cerámica, por iso consideramos moi enriquecedor traer aos mellores mestres deste país, que nos amosarán aspectos tan descoñecidos aquí como as coccións prehispánicas, sumando, coma sempre, obradoiros de artes plásticas orixinais deste país, como o de álebrijes’ ou de xoguetes ”, explica Emilia Guimeráns, directora da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e quen contactou cos catro artistas invitados a través da Escuela Nacional de Cerámica de Guadalajara (México).

MESTRES E CHARLAS

As charlas comezaron onte con Alejandro Camacho, Ciudad de México: Alebrijes zoomorfismo fantástico. Falou sobre a cartonería tradicional. A realización destes inusuais seres, forma parte da identidade colectiva mexicana desde 1936. Descubriranse os segredos da fabricación destas delirantes criaturas.

Hoxe martes 18 de Xullo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal:

Juana Gómez, Amatenango: “A arxila como expresión escultórica para os mayas”.  Pobo de orixe maya dos Altos de Chiapas, Amatenango del Valle é coñecido como a capital chiapaneca da olería debido a que máis da metade da súa poboación dedícase a esta actividade reservada ás mulleres quen van aprendendo a traballar o barro desde os 10 anos. Juana Gómez, recoñecida pola calidade das súas esculturas e do seu trazo pictórico, ensinará técnicas propias de Amatenango (coccións prehispánicas, procesos decorativos…) desenvolvendo o obradoiro sobre a iconografía do xaguar, animal sagrado na súa cultura.

Mércores 19 de Xullo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Tomás Esparza, Jalisco: El trazo Ancestral. Profundizarase no mestizo e o prehispánico, onde o trazo ancestral fúndese co imaxinario persoal, tendo o bruñido como ingrediente esencial.

Xoves 20 de Xullo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

Miriam Salgado, Xochimilco: El juguete del pasado al presente. Xoguetería. Partindo de materiais como madeiras, teas, cartón ou obxectos reciclados. ‘La Lula juguetes’ mostrará como estes obxectos e materiais cobran vida dentro dun mundo de imaxinación e fantasía.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.