spot_img
InicioGalicia‘Música no Camiño’, remata o ciclo de bandas de música popular promovido...

‘Música no Camiño’, remata o ciclo de bandas de música popular promovido por Turismo de Galicia ao que asistiron centos de peregrinos desde o pasado mes de outubro

‘Música no Camiño’, remata o ciclo de bandas de música popular promovido por Turismo de Galicia ao que asistiron centos de peregrinos desde o pasado mes de outubroCentos de peregrinos e público xeral puideron asistir entre os meses de outubro e decembro ao ciclo de bandas de música popular ‘Música no Camiño’ no que participaron 14 agrupacións musicais de toda Galicia .

Este certame musical que rematou hoxe coa actuación da Banda de Castrelo (Cambados), trouxo a música das agrupacións musicais populares galegas á Praza da Inmaculada de Santiago ao longo dos últimos 14 domingos do ano como incentivo cultural para os peregrinos que se achegaron a Compostela.

Incluído na programación do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela, este ciclo musical constituíu un agradecemento aos numerosos peregrinos que chegan a Santiago como etapa final do Camiño. Deste xeito, logo da Misa do peregrino, os camiñantes puideron deleitarse durante unha hora con estes concertos de xeito gratuíto e sen ter que reservar previamente.

Divulgación e promoción da cultura galega
Este certame musical contribuíu tamén á divulgación e promoción das bandas populares de Galicia e da música galega en xeral.

Así, as bandas participantes nesta actividade foron: o 19 de outubro: Banda de la Escuela de Música de Rianxo; o 2 de novembro: Banda de Música Juvenil de Xinzo; o 8 de novembro: Banda de Música de Ortigueira; o 9 de novembro: Banda de Música Unión de Lantaño; o 16 de novembro: Banda de la Escuela Municipal de Música de Oleiros; o 22 de novembro: Banda Filarmónica de Lugo; o 23 de novembro: Banda Municipal Juvenil de Rábade & Begonte; o 29 de novembro: Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla; o 30 de novembro: Xove Banda de Narón; o 6 de decembro: Banda de Música Unión de Guláns; o 7 de decembro: Banda de Música Popular de Rubiós; o 14 de decembro: Agrupación Musical de Vincios; o 21 de decembro: Unión Musical de Valladares; e o 28 de decembro actuará a Banda de Música de Castrelo.‘Música no Camiño’, remata o ciclo de bandas de música popular promovido por Turismo de Galicia ao que asistiron centos de peregrinos desde o pasado mes de outubro

‘Música no Camiño’ foi outra das iniciativas integradas na programación do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela, xunto con outros eventos como as exposicións ‘Santiago e o Belén’ e ‘Peregrino e novo apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago’ que pecharon as súas portas na cidade de Santiago con máis de 28.000 e 30.000 visitantes, respectivamente.

Neste eido salientou tamén a celebración da exposición ‘On the road’, que pechou as súas portas con máis de 60.000 visitantes ou a elaboración do menú do peregrino de Asís a Compostela, realizados en colaboración entre Turismo de Galicia e a empresa Paradores.

Por outra parte, no ámbito das peregrinacións a Compostela, cabe lembrar que este ano estase batendo un récord, xa que no que vai de ano xa recibiron a Compostela máis de 236.000 peregrinos, un 10% máis que no mesmo período do ano 2013.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.