spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaMúsica, gastronomía e tradición mariñeira volven á Guarda coa XVIII Festa do...

Música, gastronomía e tradición mariñeira volven á Guarda coa XVIII Festa do Peixe Espada

Música, gastronomía e tradición mariñeira volven á Guarda coa XVIII Festa do Peixe EspadaO evento impulsado pola Organización de Palangreiros da Guarda converteuse nunha das citas de referencia do verán en Galicia, tanto pola variedade das actividades organizadas como pola beleza da localidade e a súa contorna

Revista COUSAS DE Nº18

Quince restaurantes colaboran nesta décimo oitava edición da Festa do Peixe Espada con elaboracións que van desde tapas a menús, todas elas a prezos populares e co peixe espada como centro de todos os pratos. Milanesa, zorza, salpicón, tartar ou croquetas son algúns das receitas que os veciños e os visitantes poderán degustar a próxima fin de semana grazas á tradicional celebración gastronómica organizada por Orpagu.

Un ano máis, o “turismo mariñeiro” a bordo do volanteiro tradicional “Piueiro” será unha das estrelas do programa cultural da Festa

E dada a súa popularidade, os membros da Asociación Piueiro puxeron ao dispor dos interesados un teléfono (986 61 45 65) para anotarse ou tamén se pode facer a través da Oficina de Turismo do Concello da Guarda. Tanto as viaxes a bordo do “Piueiro” como as exposicións, obradoiros e concertos son totalmente gratuítos.

Por outra banda, e ademais dos pasacalles que animarán A Guarda durante a fin de semana, a música tamén terá o seu protagonismo o sábado a partir das 19.30, na praza Avelino Vicente, cun concerto a cargo de “Castro e os Escoltas”.

A celebración, que comeza o venres 28 de xullo, acabará o domingo cun percorrido musical a cargo do grupo folclórico Trebón dous Xidos que comezará o seu ás doce do mediodía na praza de Avelino Vicente, para acabar no porto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.