spot_img
InicioCondado ParadantaMúsica e teatro abren a programación Verán Cultural de Covelo

Música e teatro abren a programación Verán Cultural de Covelo

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no21/Música e teatro abrirán a programación do Verán Cultural do Concello de Covelo, un programa con actividades en distintas parroquias e para tódolos públicos.

Revista Cousas de nº21

Dar a oportunidade de gozar dun tempo de lecer e descentralizar é o obxectivo que persegue o goberno de Covelo ao distribuír en distintas parroquias as propostas culturais e lúdicas. De xeito rotatorio cada verán o Concello procura achegar ás parroquias algunha das actividades deseñadas para o goce da ciudadanía.

Concertos, verbenas, obradoiros para cativas e cativos, eventos deportivos, Dj´s, teatro, cine, roteiros e moitas outras propostas para ter un tempo de descanso activo no Concello de Covelo.

Nesta liña de levar a cultura ás parroquias o día 15 Barcia de Mera acollerá un novo concerto do Ciclo de Música de Barcia de Mera con Ensemble Orphelion ás 20 horas. O día 21 en Covelo e tamén ás 20 horas chega a cita co teatro coa compañía A Utópica Rodante e “De Vilatriste e Vilalegre”. O 22 ás 19 horas en Casteláns tributo a Juan Pardo con Antonio Barros e Ialma. O 23 haberá unha visita guiada ao Serradoiro dos Carranos e aula da natureza. O 25 comezará o VII Campus Multideporte, o 29 en Barcia de Mera a veciñanza terá sesión de cine e o 30 a ruta de sendeirismo guiada Pedra do Lobo.

 

No mes de xullo iniciaranse as clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga, o día 5 en San Salvador de Prado ofértase a actividade Ceo De Verán- Paraxe Starlight guiada por Julio Eiroa. O día 6 haberá cita coa Mostra de Produtos de Covelo con música en directo e obradoiros para os máis pequenos e pequenas. Este mesmo día en Barcia de Mera terá lugar un novo concerto do Ciclo de Música e o día 13 cine de verán na praza Mestre Cerviño de Covelo. O día 19 contos infantís no centro urbano e o día 20 un novo concerto de música clásica en Barcia de Mera. A Festa da Xuventude chegará o día 20 para abrir o programa das festas patronais e do churrasco nas que volverán as orquestras, concursos, concertos e festa gastronómica no Campo da Feira.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

En agosto o programa continúa con cine, festa da bicicleta, feira de artesanía, clases de natación, charangas, roteiros e actividades infantís.

O alcalde, Pablo Castillo, sinala que seguirán apostando por actividades variadas programadas para todos os públicos e convida a toda a cidadanía e visitantes a gozar das rutas e paraxes naturais, da praia  fluvial e da oferta gastronómica

musica-e-teatro-abren-a-programacion-veran-cultural-de-covelo

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.