spot_img
InicioGaliciaCompostelaMúsica, danza, poesía e teatro nunha nova edición do festival solidario "Implícate"

Música, danza, poesía e teatro nunha nova edición do festival solidario “Implícate”

musica-danza-poesia-e-teatro-nunha-nova-edicion-do-festival-solidario-implicateBranca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Yolanda Castaño, poeta e organizadora do Implícate; e Susana Sánchez Aríns, representante de Implicadas no Desenvolvemento; presentaron na Casa do Concello o Implícate! 2016, Festival de Música e Palabra Solidaria, que se celebrará este domingo 10, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Despois de xa case 20 anos traballando a reo, tanto dende Galicia como na India e Etiopía, en Implicadas no Desenvolvemento son “conscientes da necesidade de que este traballo teña unha maior visibilidade entre a sociedade galega, así como unha maior implicación por parte dos sectores activos da mesma”. Para elas, “a sensibilización e o compromiso da sociedade galega son o único garante da erradicación da pobreza”.

Por iso hai xa once anos consideraron que cumpría abrir o traballo feito desde Galicia cara ao mundo a través dunha noite solidaria, que se centrase en difundir o traballo da cooperación que a organización fai desde Galicia, e en sensibilizar e implicar á cidadanía. A intención é a de celebrar un festival de música e palabra solidaria no que dar cabida a artistas galegas/os do máximo nivel nas máis diversas disciplinas, aberto a todo tipo de público da cidade e que axude a que se poidan xestar proxectos máis complexos da organización.

O Implícate! consolidouse xa como un evento artístico e solidario de primeira orde en Galicia. Nesta ocasión, no festival deste domingo, presentado por Yolanda Castaño e Marga Pazos, teremos música da man de Caxade, Os da Ría e María Manuela; teatro con A Panadaría e Pedro Brandaríz; danza con Ánxela Blanco e poesía con Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo.

Este ano, Suma!
A temática do Implícate! 2016 estará centrada na nova campaña da organización: Suma. Esta campaña será lanzada mediante unha aplicación de móbil coa que pretenden facer posible que a xente entenda, en termos máis tanxibles, o que a súa colaboración coa organización significa para a transformación das estruturas de explotación Norte-Sur. A aplicación Suma, que consta de tres partes (Suma Coñecemento, Suma Tempo e Suma Fondos) presentarase no Implícate e actuará de fío condutor do festival.

As entradas para este festival de música, danza, poesía e teatro poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h), no 902 434 443 e en entradas.abanca.com. Para aquelas persoas ás que non lles sexa posible asistir pero desexen facer a súa achega, habilitouse unha fila 0, cuxas entradas se poden mercar nos mesmos puntos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.