spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán selará de forma definitiva o vertedoiro ilegal situado á beira do...

Nigrán selará de forma definitiva o vertedoiro ilegal situado á beira do Punto Limpo

nigran-selara-de-forma-definitiva-o-vertedoiro-ilegal-situado-a-beira-do-punto-limpoO Concello de Nigrán contratará nos próximos días por valor de 45.000 euros a unha empresa para que sele de forma definitiva o vertedoiro ilegal situado a escasos 100 metros do Punto Limpo, na parroquia de San Pedro.

O espazo esta situado nunha leira privada -A Camesella – de 3.576 metros cadrado e na que durante anos fóronse acumulando toneladas de residuos de todo tipo que alí deixaban particulares e o propio Concello: grava, restos de poda, cascallo s, electrodomésticos, pneumáticos, tubos…

Situación esta que derivou na apertura de diferentes expedientes por parte do Seprona e que empeorou a raíz do anuncio da suposta apertura do Punto Limpo, xa que ao situarse na mesma estrada pero 100 metros antes e non estar realmente aberto, provocou que moitas persoas abandonasen alí directamente os seus residuos.

O descontrol e perigo do vertedoiro xa quedou patente en agosto de 2014, cando ao día de entrar en funcionamento o punto limpo produciuse un incendio intencionado no vertedoiro que se empregou durante os dez anos que tardou en inaugurarse o servizo municipal.

Desde o Concello advirten que a situación supón un grave perigo sanitario, un desastre ecolóxico e pouco ten que ver coa política ambiental deste concello e a súa aposta por unha economía sustentable, en concreto pola compostaxe comunitaria, polo que instalará no punto limpo unidades de compostadores para que usuarios particulares e hostaleiros depositen alí materia orgánica (como sobras de comida, froitas, verduras ou mesmo as ramas de pódalas) para posteriormente recoller abono de alta calidade de maneira totalmente gratuíta.

- Publicidade -spot_img