spot_img
InicioVigo e áreaMosMos conta desde hoxe cunha brigada municipal anti incendios

Mos conta desde hoxe cunha brigada municipal anti incendios

Os empregados foron recibidos hoxe no Concello polo goberno local

O dispositivo componse de 4 operarios, un xefe de brigada e 7 condutores e estará operativo ata o mes de outubro

Mos dispon xa durante o verán dun dispositivo local de loita contra incendios formado por 12 persoas. As contratacións do persoal foron posibles grazas ao convenio asinado coa Consellería de Medio Rural e estará formado por 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe de operativo e 7 condutores para os vehículos motobomba.

O servizo estará operativo ata o mes de outubro para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Urxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

O concelleiro de Medio Ambiente e Urxencias, Leo Costas, destacou a importancia deste dispositivo de loita contra incendios que cualificou de “vital”, aínda que tamén incidió en que é preciso “concienciar á cidadanía para reducir desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos”. Neste sentido insistiu en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non sexan vítimas dos incendios forestales nun verán que se prevé moi seco.

Desde o Concello insisten en transmitirlle á cidadanía a importancia que ten que se manteñan os montes e as leiras limpas de maleza e de especies de árbores prohibidas en devanditas zonas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.