spot_img
InicioVal MiñorBaionaMedio Rural de Baiona e o Motoclub ATV Distrito XVIII organizan a...

Medio Rural de Baiona e o Motoclub ATV Distrito XVIII organizan a V Xuntanza Discapaciquad

Medio Rural de Baiona e o Motoclub ATV Distrito XVIII organizan a V Xuntanza DiscapaciquadEste sábado 19 de outubro de 10.00 h. até as 18.00 h. terá lugar a quinta xuntanza discapaciquad en Baiona que comezará cunha ruta inicial dos quads pola Vila e continuará con múltiples actividades no Pavillón de deportes e no monte.

Despois dos rotundos éxitos das anteriores edicións, o  Motoclub ATV DISTRITO XVIII e o Concello de Baiona a través da Concellalía de medio rural organizan conxuntamente este evento co fin de conseguir implicar a un amplo sector da sociedade baionesa na busca da sensibilización, visibilización e integración co colectivo.

A actividade contará coa participación de máis de un centenar de persoas con diversidade funcional e pertencentes a unha ducia de colexios que desfrutarán dunha xornada lúdica con obradoiros, actuacións, xogos, exhibición e terapia asistida con cans,  xantar de confraternización e dunha ruta polo monte en quads e boogies preparados para o transporte de persoas.

Xa que logo, para esta edición, cóntase con máis de 15 colaboradores de Baiona que van dende as comunidades de montes veciñais en man común de Baiña, Santa María de Afora e de Santa Cristina da Ramallosa; pasando por empresas locais como Área de Servizo Monterreal, Panadería Porta do Sol, Froiz e Gandeiría 4 Pinos; até a colaboración do CEE de Panxón, asociación Amas de Casa de Baiona e a asociación viudas Mercedes de la Escalera.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.