spot_img
InicioGaliciaMedio Ambiente está a levar a cabo importantes actuacións de conservación de...

Medio Ambiente está a levar a cabo importantes actuacións de conservación de anfibios no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Medio Ambiente está a levar a cabo importantes actuacións de conservación de anfibios no Parque Nacional das Illas Atlánticas de GaliciaOs anfibios son un dos grupos de vertebrados que presentan un maior número de especies ameazadas, xa que a súa dependencia da auga nunha parte importante do seu ciclo vital, fainos moi sensibles á alteración dos humedáis, un tipo de hábitat tamén en regresión.

Todas as actividades foron acometidas directamente polo Parque Nacional, dentro do seu programa de actuacións e inversións, pero ademais tivo un importante papel nelas o voluntariado.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, está a levar a cabo importantes actuacións de conservación de anfibios no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Os anfibios son un dos grupos de vertebrados que presentan un maior número de especies ameazadas, posto que a súa dependencia da auga nunha parte importante do seu ciclo vital, fainos moi sensibles á alteración dos humedáis, un tipo de hábitat tamén en regresión.

Outros dos factores que afectan á progresiva desaparición destes animais son o cambio no clima ou enfermidades de nova aparición, como a quitriodiomicose, unha enfermidade producida por fungos que afecta aos anfibios de todo o planeta, que contribúen tamén a este declive.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza ten emprendido recentemente diversas actuacións encamiñadas a protexer estas especies:

A. Protección dos seus hábitats: accións sobre os humidáis do Parque, zonas claves para o ciclo vital dos anfibios, especialmente porque é alí onde ten lugar a súa reprodución. Así,, protexéronse charcas do pisoteo e acceso mediante valados, limpáronse mananciais, axeitáronse antigos lavadoiros e nalgunhas zonas creáronse novas charcas para acoller aos anfibios.
B. Creación de zonas de alimentación e campeo. Mediante rozas e manexos do mato, creáronse zonas abertas con vexetación herbácea, as preferidas por estes animais no parte terrestre do seu ciclo vital para alimentarse e desprazarse.
C. Seguimento das poboacións, estableceuse un sistema de seguimento das súas poboacións, que permita coñecer como cambia a súa abundancia e distribución ao longo do tempo. Esta medida permitirá saber se as actuacións adoptadas foron eficaces ou se é necesario emprender outras novas.
D. Difusión e divulgación, para que a sociedade coñeza a importancia de conservalos e contribúa a facelo, elaborouse diverso material gráfico e déuselle difusión.

Todas estas actividades foron acometidas directamente polo Parque Nacional, dentro do seu programa de actuacións e inversións, pero ademais tivo un importante papel nelas o voluntariado, xa que parque dispón dun amplo programa de traballo neste senso. As tarefas dos voluntarios en accións de conservación permite unha maior implicación e compromiso da sociedade na protección da natureza, e un maior alcance da divulgación dos seus valores.

Entre as labores realizadas por voluntarios cabe destacar a recuperación de varias charcas na illa de Sálvora, realizada en colaboración coa asociación ecoloxista ADEGA, dentro do programa “Charcas con vida”, e o seguimento da abundancia e distribución dos anfibios nos catro arquipélagos do Parque, realizado en colaboración coa Asociación Herpetóloxica Española. Este último é un ambicioso programa financiado polo Organismo Autónomo Parques Nacionais, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que se estenderá ao longo de 2014 e 2015.

Valor dos anfibios
Os anfibios do Parque Nacional das Illas Atlánticas presentan un dobre valor para a conservación, pola súa situación xeral deMedio Ambiente está a levar a cabo importantes actuacións de conservación de anfibios no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ameaza en toda a súa área de distribución, e polo singular valor evolutivo destas especies “náufragas” nas illas do Parque. En xeral, obsérvase que os anfibios deste lugar presentan singularidades con respecto aos da terra firme, e son estas peculiaridades as que significan o illamento destas poboacións, unha situación que se remonta aos últimos 10,000 anos, e débese a subida do nivel do mar despois da última glaciación. Pese a ser un feito relativamente recente, a escala evolutiva, deu lugar a diferenciación xenética e morfolóxica destas especies con respecto as poboacións costeiras máis próximas.

No Parque Nacional das Illas Atlánticas existen tres especies diferentes de anfibios:

• Sapiño pintoxo ibérico (Discoglossus galganoi): Especie exclusiva da metade occidental da Península Ibérica. Atópase activo gran parte do ano, aínda que nos períodos secos do verán busca refuxio baixo pedras e outros lugares frescos. Na actualidade está presente na illa de Ons e na de Sálvora. Prexudícanlle os cambios no seu hábitat, herbazais húmidos, e nos mananciais onde se reproduce.
• Píntega (Salamadra salamadra): un anfibio de vida totalmente terrestre, excepto na súa fase de larva, na que normalmente necesita da auga para desenvolverse. Sen embargo, as píntegas do Parque Nacional son completamente vivíparas, paren crías xa formadas en terra que non teñen fase acuática. Os estudos xenéticos indican que existen importantes diferenzas entre as píntegas do Parque e as de terra firme. Distínguense tamén no deseño das manchas, na cor e no tamaño, sendo máis pequenos os individuos do Parque, especialmente os de San Martiño.
• Pintafontes (Lissotriton boscai): Esta especie atópase nas illas de Sálvora e Ons, estando en ambas amplamente distribuído. En ambas as illas os animais caracterízanse por presentar un menor tamaño cós do continente. Ademais, na illa de Sálvora detectáronse en estudos xenéticos recentes a presenza de tipos exclusivos do Parque.

- Publicidade -spot_img