·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoBueuMedio Ambiente contabiliza máis de 1.400 exemplares de 37 especies diferentes na...

Medio Ambiente contabiliza máis de 1.400 exemplares de 37 especies diferentes na estación de Ons, dentro do programa de anelamento de aves migratorias

paporubioA Consellería de Medio Ambiente leva identificados 1.420 exemplares de 37 especies diferentes dentro do programa de anelamento na Illa de Ons, realizado en outono de 2013, un resultados moi positivos en canto ao número acadado, por enriba do esperado.

Os primeiros resultados deste programa ambiental, correspondentes á campaña de outono de 2013 indican que o mosquiteiro musical (Phylloscopus trochillus), xunto con papamoscas cerroxillo (Ficedula hypoleuca) son as especies máis importantes en número durante o paso migratorio, aínda que outras especies, como o papamoscas gris (Muscicapa striata) ou o paporrubio (Erithacus rubecola) tamén utilizan as illas como zonas de descanso migratorio. Ata o momento capturáronse exemplares de mosquiteiro musical anelados en Francia e Inglaterra, o que indica que polo menos parte dos exemplares desta especie procedentes destes países detéñense nas Illas Atlánticas para aprovisionarse de enerxía para a súa viaxe cara ao Sur. Este ano volverase a repetir o programa na illa de Ons.

As Illas Atlánticas de Galicia, debido á súa situación xeográfica, constitúen un lugar estratéxico para o estudo da migración das aves, sobre todo no tempo de outono. Isto é debido a que moitos paseriformes que se atopan de viaxe cara ao sur, procedentes do norte e centro de Europa, desprázanse a miúdo seguindo a liña de costa e bordeando o continente Europeo polo litoral Atlántico ata que teñen que dar o salto ao continente africano ou ata que atopan un lugar adecuado para pasar o inverno no sur da Península. En determinadas zonas, como no litoral galego, unha parte importante das aves optan por evitar dar o longo rodeo que suporía seguir a costa polas grandes Rías e pegan “un salto”, empregando as illas de Sálvora, Ons e Cies como unha ponte na que descansar e coller enerxía antes de proseguir a viaxe.

Por estes motivos, no ano 2013, o Grupo Ibérico de Anelamento, contando co apoio da PN Illas Atlánticas de Galicia puxo en marcha a Estación de Anelamiento na Illa de Ons, co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre a migración postnupcial dos paseriformes neste espazo. Neste sentido, o Programa de Voluntariado na Rede de Parques Nacionais do Organismo Autónomo Parques Nacionais ofreceu un marco idóneo, proporcionando o financiamento necesario e a posibilidade de contar con voluntarios para levar a cabo o proxecto. A campaña de 2013 realizouse de forma continua durante todo o mes de setembro, e no ano 2014 ampliouse ao primeiros dez días do mes de outubro. Nestas dúas campañas participaron 31 voluntarios, ofrecendo unha axuda de gran valor para cumprir cos obxectivos e contando a cambio cunha boa oportunidade de aprender e gozar da contorna das Illas Atlánticas.

Os datos obtidos das aves aneladas ou recuperadas quedan arquivados a nivel internacional e son moi útiles no ámbito da conservación para coñecer enclaves importantes de refuxio e invernada das aves migratorias. Ademais, o anelamento permite obter outra información básica sobre a bioloxía das aves, como taxas de supervivencia, fenoloxía, éxito reprodutor, tamaños poboacionais ou o estado de saúde.

Para estudar a migración das aves dunha forma sistemática e organizada puxéronse en marcha desde hai décadas un bo número de estacións de anillamiento, moi estendidas en boa parte do continente europeo. Estas estacións son lugares estratéxicos nos que se realizan anelamientos de aves cunha periodicidade determinada e en momentos concretos do ano, como pode ser o período de migración postnupcial

Método
O método de captura máis estendido, que se emprega en Ons para o anelamento, son as redes xaponesas, tamén chamadas redes de néboa. Este método é un dos máis seguros para capturar aves sen que estas sufran ningún dano.

As redes ábrense ao amencer e permanecen funcionando durante as horas de máxima actividade das aves, até o mediodía. Cada certo tempo, normalmente cada hora ou cada media hora en función da meteoroloxía, revísanse todas as redes colleitando as aves capturadas, que se introducen nuns colectores especiais de tea transpirables, onde permanecen tranquilas ata que lles chega a súa quenda para ser anilladas. Unha persoa con experiencia e capacitación para realizar esta tarefa (o anelador experto), é o que se encarga de procesar cada ave, tomando unha serie de datos sobre cada exemplar ademais de colocar o anel.

O manexo da ave realízase sempre con sumo coidado, evitando calquera situación que poida provocarlle unha tensión innecesaria, e así liberala nas mesmas condicións nas que se capturou. Ademais da especie e o código do anel, anótase o sexo e a idade da ave. Complementariamente, tómanse medidas corporais, ademais de recoller outros datos como a cantidade de graxa acumulada, o ton muscular da ave ou o estado de muda da plumaxe no que se atopa a ave.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies