spot_img
InicioO SalnésCambadosMariscadoras e persoas voluntarias limparán os fondos marisqueiros en Cambados e O...

Mariscadoras e persoas voluntarias limparán os fondos marisqueiros en Cambados e O Grove

Arranca DEPOMAR, un proxecto para subliñar a importancia do traballo das mariscadoras en contornas da rede Natura 2000
Mariscadoras O Grove

Afundación convoca mañá unha nova xornada de limpeza de residuos dentro do seu Plan de Conservación Territorial On (PLANCTON). Nesta ocasión, membros da Confraría do Grove e persoas voluntarias convocadas pola Obra Social de ABANCA limparán de xeito simultáneo os fondos marisqueiros en distintos enclaves de  Cambados e O Grove.

A actividade, que conta tamén coa colaboración do Concello de Cambados, ten como obxectivo, ademais da limpeza, promover a concienciación sobre a importancia de que como sociedade actuemos de forma responsable para manter los recursos. Desenvolverase desde as 10.15 h ata as 13.15 h.

PLANCTON é un proxecto multidisciplinar, enmarcado dentro da estratexia de sostibilidade de ABANCA e Afundación, que ten como obxectivo principal fomentar a conservación e a sostibilidade das actividades socioeconómicas que se levan a cabo en catro das Zonas de Especial Protección para as Aves de ámbito mariño existentes en Galicia. Este proxecto, que se desenvolve durante todo este ano e no que se retiraron xa máis de 8 toneladas de residuos, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo FEMP, e é complementario ao proxecto LIFE-IP INTEMARES.

 

EventoRetirada de residuos programa PLANCTON
LugarFondos marisqueiros Cambados e O Grove
Data e horaSábado, 23 de outubro

De 10.15 a 13.15 h

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.