Inicio Pontevedra O Morrazo Mar inviste máis de 348.000 euros na colocación dun pantalán para o...

Mar inviste máis de 348.000 euros na colocación dun pantalán para o sector pesqueiro e bateeiro de Moaña

Crearanse 30 novas prazas de atraque das que 14 serán para bateeiros e para o resto de embarcacións de artes menores

O presidente do ente público Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta tarde o peirao do Con, no porto de Moaña, para supervisar o comezo das obras de colocación dun pantalán para os profesionais do mar. O ente público investirá nestas obras máis de 348.000 euros, importe cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER. José Juan Durán tamén adiantou que está previsto iniciar nos vindeiros días a dragaxe da zona onde se emprazará o pantalán.

comillasCrearanse 30 novas prazas de atraque das que 14 serán para bateeiros e para o resto de embarcacións de artes menores

Estas obras realízanse debido á necesidade de aumentar a capacidade de atracada en zona abrigada. Así, colocarase un pantalán de 60 metros, aproveitando a propia dársena. Esta actuación suporá a creación de 30 novas prazas de atraque das que 14 serán para bateeiros e o resto para embarcacións menores. Estas obras tamén inclúen unha dragaxe duns 1.300 metros cúbicos de material que garanta un calado de dous metros para adecualo ás condicións das embarcacións.

O pantalán estará construído en formigón e levará 3 módulos de 3 metros de ancho e 20 metros de lonxitude. Tamén se modificará o pantalán mexilloneiro, sendo necesaria a retirada dun pilote e un módulo de 12 metros para posteriormente colocalos nunha posición oblícua á orixinal que se amplía cun novo módulo de dez metros. A pasarela/rampla de acceso ao pantalán terá dous metros de ancho e as obras engaden brazos de amarre que mellorarán a seguridade e a comodidade das prazas de embarcacións pesqueiras de artes menores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies